O Bloque Nacionalista Galego comprometeu o seu apoio á asociación Galiza mellor sen touradas, promotora do Espazo Parlamentar en defensa dos animais, que se constituiu na pasada lexislatura na Cámara galega.
A viceportavoz segunda do GP do BNG, Ana Pontón, mantivo un encontro informal con dous dos voceiros desta asociación, Rubén Pérez e Lidia Seoane, para ratificar a disposición do grupo nacionalista a dar pulo e pór a traballar ese Espazo.
Ana Pontón avanzoulles tamén que os deputados e deputadas do BNG sumaranse á nova iniciativa na que está a traballar esta asociación: unha fronte antitaurina de adhesión individual de cada parlamentar, por coincidir en que non se trata dunha festa e moito menos de cultura senón dun espectáculo brutal que, ademais, se tenta introducir en Galiza de forma artificial.