O BNG propón que Galiza regule os prezos da xeración eléctrica

A deputada do BNG, Carme Adán reclamou no Parlamento un novo modelo eléctrico no que as Comunidades Autónomas teñan competencia para regular os prezos da xeración eléctrica , impulsar as enerxías renovábeis, e poñer en marcha, de maneira inmediata, medidas contra a pobreza enerxética

Carme Adán

A deputada do BNG,Carme Adán defendeu hoxe, a través dunha proposición non de lei debatida na Comisión de Industria, que o Goberno galego reclame ao Goberno español, acometer un novo modelo eléctrico para que as Comunidades Autónomas teñan competencias na regulación de prezos da xeración de enerxía eléctrica.

Ademais, a iniciativa nacionalista propuxo habilitar tarifas eléctricas “diferentes” en función da produción enerxética de cada Comunidade Autónoma así como aplicar, de maneira urxente, medias para paliar a pobreza enerxética.Galiza, dixo, veríase beneficiada por esta medida na súa calidade de produtora de enerxía eléctrica.

A nacionalista insistiu na necesidade de auditar os custos reais da produción eléctrica para esclarecer o “déficit tarifario”, á vista “dos grandes beneficios declarados polas empresas eléctricas”.

Adán explicou que os cinco puntos recollidos na proposta do BNG defende “unha reforma do modelo eléctrico”. Sabemos dixo, que hai unha lei recente para rematar co chamado déficit tarifario e baixar o recibo da luz, máis o que temos no mes de maio do 2015 é “unha subida do 4% e un incremento de 742 millóns do déficit tarifario”.

O modelo eléctrico non funciona para o Estado, para Galiza nin para as pequenas e medianas empresas

Pola súa parte, o portavoz do PP, Hipólito Fariñas anunciou o voto en contra á proposta do BNG argumentando que non vai a favor dos intereses de Galiza “integrada en España e Europa” e que o prezo debe “ser o mesmo para todos”. Ademais o canón aplicado as empresas “reduce a cero o déficit”. Isto, dixo, non é culpa do liberalismo, “é culpa do socialismo” por financiar actividade de risco elevado que produciu un déficit tarifario que hai que pagar porque así está “asentado nos balances das empresas”.

Beneficios das grandes empresas eléctricas á costa d@s consumidor@s

Fariñas negou que os beneficios das eléctricas sexan “maiores agora que en época de bonanza” e explicou que no 2005 foron 5.396 millóns de euros libres de impostos, no 2006 , 5.295 millóns de euros, 2007, 5.014, 2008, 11.200 millóns de euros, 2009, 7.454 millóns, 8.200 para o ano 2010, no ano 12, 6.300 millóns, no 2013, 5.400 e no 2014, 7.125 millóns de euros.

Carme Adán na Comisión de Industria

A deputada criticou que o portavoz popular asegurara que “o prezo marco” pretenda un prezo para igualarnos a Europa cando temos o terceiro prezo para as familias e o sétimo para ao industrial. A nacionalista volveu a reclamar “a capacidade produtora eléctrica de Galiza para incidir no marco europeo”.

Adán criticou as declaracións do Ministro Soria cando afirmou que o déficit tarifario sería minorizado e agora vostedes nos din que se incrementa pouco.“Non minora e vai crear problemas no sistema e non vai ser beneficioso para Galiza.”,concluíu.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG