O BNG pregunta pola oferta de vos e a Xunta responde co billete integrado de bus e tren

Ana Pontón criticou a falta de concreción nas respostas da directora xeral de Mobilidade, Elena de Lucas sobre a situación dos aeroportos galegos e advertiu da súa posíbel privatización

Instalacións aeroporto de Santiago de Compostela

A portavoz de Ordenación do territorio do BNG, Ana Pontón criticou hoxe a “falta de concreción” da directora xeral de Mobilidade, Elena de Lucas para responder as cuestións formuladas polo BNG sobre a actual situación dos aeroportos galegos.

A nacionalista advertiu que quizais a Xunta non reclama as competencias en materia aeroportuaria porque está enriba da mesa “a posíbel privatización dos aeroportos galegos”.

Na súa intervención explicou que no ano 2013, Galiza tiña as mesmas competencias que na actualidade e foi nese ano cando a Xunta anunciou un plan estratéxico para coordinar os aeroportos.Agora preguntámonos se fomos enganad@s naquel momento ante a inacción da Xunta en política aeroportuaria”.

Por outra parte, a deputada preguntou se a Xunta considera “razoábel” que os concellos invistan cartos para financiar liñas de baixo custe sen ningún tipo de coordinación despois de que a propia Xunta, no ano 2013 deixara de subvencionar a captación de vos por falta de rendibilidade.Non consideran vostedes, dixo, que o lóxico sería buscar a coordinación nese ámbito para que non se repitan as rutas en todos os aeroportos. Estamos ante unha “competición” entre os aeroportos galegos sen mellorar as prestacións dos servizos pero si beneficiando a algunhas empresas do sector.

A deputada tamén preguntou polas razóns polas que o Comité de Coordinación Aeroportuaria leve un ano sen reunirse e que a Xunta responda que “ é unha competencia do Estado”.empresarios-santiago

Non é serio tampouco, afirmou a que a propia Ministra de Fomento visite Galiza para publicitar diferentes rutas cando en realidade o que temos “é un desastre e un paripé”.

O BNG pregunta por unha oferta estable de vos e a Xunta responde informado do billete integrado de bus e tren

A parlamentaria criticou que ante a pregunta concreta do BNG sobre a oferta estábel de vos, a directora xeral de Mobilidade, Elena de Lucas respondera informando do billete integrado de bus, tren e a posta en marcha dunha aplicación móbil, eu sei que tren ou bus podo coller respondeu Pontón, pero chego ao aeroporto é que fago?.

Vostedes poderían estar reclamando as competencias porque saben que o grande problema que temos é a “centralización do sistema aeroportuario”. Porqué Feijóo cando estaba na oposición reclamaba as competencias e agora “bota a culpa aos demais” da situación dos aeroportos galegos?, ao mellor é porque sobrevoa a posíbel privatización dos aeroportos e o PP prefire esta opción, concluíu.

 

 

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG