A deputada, Montse Prado reprobou que a industria farmacéutica impoña un calendario de vacinas e que a consellería se pregue aos seus ditados
Santiago de Compostela, 11 de xuño, 2015. Pleno.-A deputada do BNG, Montse Prado formulou hoxe unha pregunta ao Goberno relativa á modificación do calendario vacinal de nenos e nenas polo provocado polo desabastecemento.
Na súa intervención, a parlamentaria reprobou que a industria farmacéutica impoña un calendario de vacinas e que a consellería de Sanidade se pregue aos seus ditados fronte o calendario establecido por profesionais sanitarios.
A deputada preguntou con que aval científico se xustifica a modificación do calendario de vacinas dos nenos e nenas en Galiza e recalcou que nos últimos tempos o desabastecemento pasou de ser puntual a converterse en norma.
O desabastecendo,dixo, tamén atinxe a antibióticos utilizados polos nenos e nenos obrigando a modificar tratamentos ante a súa escaseza ao igual que ocorre cos adultos nos que se están producindo non poucos retrasos da medicación.
A conselleira de Sanidade, Rocio Mosquera recoñeceu o desabastecemento de antíxenos contra a tosferina que afecta a nivel mundial e que obrigou ao Ministerio a avaliar a situación coas diferentes Comunidades Autónomas para tomar unha resolución, o que queremos todos, dixo, e garantir as vacinas para os nenos e nenas de tres anos.
Na réplica, a nacionalista preguntou como millóns de persoas teñen a súa saúde en mans de dúas multinacionais farmacéuticas e agora sabemos que hai máis dun ano, unha delas xa non fabrica fármacos. A deputada tamén lembrou a peregrinase de pais e nais a Portugal para mercar a vacina contra a menexite B.Hai unha alarma xerada e vostede segue dicindo que é un problema mundial, aseverou.
Finalmente, Montse prado asegurou que existen sospeitas máis que razoables da táctica utilizada por algúns laboratorios que provocan a falta de subministros para conseguir o control do mercado e unha posición dominante, prácticas letais para o sistema sanitario, concluíu.