O BNG pide a Turismo as cláusulas do contrato do videoclip de Enrique Iglesias

Carme Adán dixo que o videoclip é “sexista”, representa un despilfarro de cartos públicos, e non promociona o turismo de Galiza

Carme Adán

A parlamentaria do BNG, Carme Adán volveu criticar hoxe, na Comisión de Turismo, o investimento de 300.000 euros nun videoclip de Enrique Iglesias para a promoción do turismo de Galicia.

Para a deputada, o vídeo supón un “despilfarro” de cartos públicos como xa denunciaron, dixo, os diferentes sectores da cultura galega, sobre todo da música e o do audiovisual. Ademais, engadiu, “non vemos por ningún lado a transparencia da que presume Núñez Feijóo” , non coñecemos nin o contrato nin as cláusulas do mesmo polo que requiriu da responsábel de Turismo “unha copia das condicións contractuais” entre a Xunta e produtora do cantante.

A Xunta non rescindirá o contrato do videoclip

A parlamentaria tamén preguntou porqué resulta máis caro rescindir o contrato que executalo como afirmou onte o portavoz do Partido popular, Agustín Baamonde, en resposta a unha pregunta formulada en comisión pola tamén deputada do BNG, Ana Pontón.

Moitos gústame e retweet avalan para a Xunta o videoclip de Enrique Iglesias

 Pola súa parte, a directora de Turismo foi tallante na resposta e afirmou que “non romperá o contrato” porque será un grande “éxito” nas redes sociais como indica, explicou, a grande cantidade de “gústame e retweets” rexistrados. A parlamentaria ironizou sobre esta cuestión asegurando que se as campañas publicitarias da Xunta van a xustificarse por “moitos gústame”, xa non entendía nada.

Carme Adán (Foto de arquivo)

No transcurso do debate , Adán lamentou que os datos do turismo en Galiza non sexan positivos, sobre todo en turismo rural e cultural, polo que preguntou si existen informes previos sobre o retorno económico do devandito vídeo para non levar outra sorpresa negativa como aconteceu coa visita do Papa.

Adán volveu preguntar porqué o “contrato é confidencial” e a Xunta non impide que o Parlamento coñeza en que condicións foi realizado polo que volveu solicitar unha copia das cláusulas.

Non coñecemos o contrato nin os informes que o xustifiquen o que nos leva a pensar, dixo, que houbo “escurantismo”. Qué clase de turismo quere vostede potenciar con este vídeo, a quén vai dirixido e non me responda que hai moitos gústame e retweets porque iso non representa “ningún retorno económico”, concluíu.

 

 

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG