O parlamentaria do BNG, Daniel Rodas denunciou a alarmante caída de capturas provocada pola mortaldade do berberecho e o esgotamento do bancos marisqueiros
O deputado do BNG, Daniel Rodas pediu medidas urxentes para sementar e osixenar o substrato así como mellorar as augas ante a presenza de materias pesados a través dun Plan Integral de rexeneración dos bancos marisqueiros da ría de Arousa.
O portavoz de pesca do BNG defendeu hoxe unha proposición non de lei na Comisión de Pesca, destinada a rexenerar a ría cun plan integral ao que sumou medidas contra a mortaldade do berberecho, a desaparición dos bancos de ameixa, impulsar outras artes alternativas ao marisqueo exercendo competencias galegas en augas interiores, recuperar o servizo de Gardacostas con máis dotación e medios, unha parada biolóxica subvencionada por causas naturais e medidas de comercialización do produto autóctono coa marca propia ameixa de Carril.
Por outro lado lembrou que outro dos grandes problemas é o furtivismo do que dixo, a conselleira nun primeiro momento declarou que non permitiría esta práctica afirmando que en min teñen os furtivos unha inimiga. O deputado asegurou que sen embargo, nalgunhas zonas aínda se aparecían, hai pouco tempo, carteis anunciando a venda de marisco procedente do furtivismo.
O PP asegura que os problemas proceden do aumento da salinidade nas augas
Tras a intervención da portavoz do PP, Herminia Pouso que centrou a orixe dos problemas da mortaldade do berberecho no aumento da salinidade das augas, o deputado reiterou que a proposta do BNG buscaba unha solución global para poñer en valor o produto da ría cunha marca que represente a excelencia do mesmo.
Caída alarmante das capturas
O parlamentario tamén advertiu que dende o ano 2012 a caída pola mortaldade do berberecho situouse no cen por cen sen que a consellería atallara o grave problema económico para as persoas que viven desta actividade e pediu que sexa publicado o informe epidemiolóxico do ano 2014.
Sobre este estremo dixo que os propios patróns maiores xa denunciaron o desleixo da consellería e advertiron que pode producirse a mesma situación do ano pasado que unha semana antes de dar comezo a campaña descoñecíanse os informes sobre os bancos marisqueiros.
A proposta do BNG foi rexeitada polo Partido popular que asegurou que a iniciativa nacionalista chegaba tarde pois xa estaban en marcha medidas contra a mortaldade de bivalvos ao que o deputado respondeu que o PP é o que sempre chega tarde e que o parasito Marteilia cochillia xa se desprazou as rías de Vigo, Pontevedra e Cedeira.