O BNG pide regular as condicións d@s viticultor@s ante as industrias e o abono dos atrasos

Tereixa Paz reclama unha Mesa do Viño que defenda aos/ás produtores de viño en Galiza e acadar acordos de contratos

A través dunha pregunta parlamentaria en Comisión, a portavoz de Agricultura, Tereixa Paz pediu regular as condicións económicas d@s viticultor@s, ante o inicio da campaña, e poñer en marcha medidas destinadas a impulsar o sector.

Na súa intervención, a parlamentaria asegurou que, a estas alturas seguen sen ser abonados os atrasos de campañas anteriores e explicou que “ despois de iniciada a campaña os viticultores/as se verán apremiados e obrigados a asumir as condicións das industrias para dar saída ao seu produto”, polo que reclamou regular as condicións económicas coas industrias e abonar os atrasos de varias campañas.

A deputada saudou o anuncio do Secretario Xeral de Medio Rural sobre a liña de axudas da Xunta para produtores que compren uva á provedores e insistiu na necesidade de “manter un prezo vinculado á calidade do viño” para erradicar prácticas como a inclusión de “viño a granel” nas denominacións de orixe por mor dunha grande produción non comercializada.

Paz tamén se referiu ás liñas de financiamento anunciadas na Comisión de Agricultura vinculadas ao cumprimento do contrato homologado na denominación Rías Baixas e preguntou se serán avaladas polos propios produtores como aconteceu noutras ocasións nas que as industrias non respaldaron os avais, sigue sendo esa a orientación da liña de financiamento do IGAPE?,dixo.

A deputada aludiu a un informe xurídico baseado na representación da Xunta de Galiza na Mesa do Viño na que afirmou que, o pacto de prezos do viño nunha denominación de orixe “atenta as normas da competencia” e afirmou que ao tratarse dun produto minoritario non afecta ao conxunto do mercado e ademais, existe numerosa normativa que redunda nesa liña, “cando un produto é insignificante dentro do mercado estatal non se lle debe aplicar ese precepto”.

Neste sentido, lembrou que ninguén investiga ás petroleiras por pactar os prezos ou as empresas de telefonía móbil, e só faltaría que os e as viticultores foran castigados por unha normativa de “dubidosa aplicación”,concluíu.

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG