O BNG pide paralizar a prórrroga da concesión de ENCE e o PP vota en contra

Montse Prado lembrou que xa van 52 nos da inauguración de ENCE polo ditador que decidiu converter os montes galegos “nun gran eucaliptal”

Intervención de Montse Prado na Cámara galega

Pleno.- A deputada do BNG, Montse Prado reclamou hoxe tomar medidas contra a prorroga da concesión de Ence-Elnosa na ría de Pontevedra.

A parlamentaria lembrou que o pasado sábado, cumpríanse 52 anos da inauguración de Ence a cargo do ditador, Francisco Franco que decidiu converter os montes galegos “nun gran eucaliptal”, decisión que agora o Partido popular “parece que quere seguir mantendo”.

Montse Prado tamén recordou a grande resistencia do pobo galego contra a plantación de eucaliptos que mesmo chegou a provocar mortes pero a pesar desa resistencia, dixo, consumouse esa implantación contraria aos intereses dos labregos e labregas e mermando os recursos mariños, levamos décadas co “trato de favor á pasteira” e máis de cinco décadas de contaminación atmosférica e da ría.

A deputada abondou no consumo gratuíto de auga, 13 millóns de metros cúbicos ao ano, más que o conxunto de todos os concellos da ría, “cinco décadas de estrago medioambiental e económico”. Polo tanto, dixo, non existe ningunha xustificación para a permanencia de Ence-Elnosa na ría de Pontevedra, agás o “negocio e enriquecemento da empresa”.

O PP realizou todos os seus esforzos tentando consolidar o complexo de Ence e nese obxectivo,afirmou Prado, no ano 2013 modificou a lei de Costas para posibilitar a prorroga da concesión máis alá do ano 2018.

Montse Prado, portavoz de sanidade do BNG

A prorroga no caso de concederse, significaría “unha privatización do dominio público” por moitos anos e Ence permanecería 15 anos máis en Pontevedra, circunstancia que dende o BNG, consideramos “unha auténtica fraude” e por iso presentamos esta Proposición non de lei para que o Parlamento galego inste á Xunta a exercer as competencias exclusivas en materia de territorio e que inicie o proceso para recuperar o espazo de Ence-Elanosa. Que dunha vez por todas, anule a autorización ambiental de Elnosa.

Finalmente, a nacionalista apelou aos compromisos formulados polo propio Feijóo e o exconselleiro Guerra sobre o traslado da pasteira. Pedimos ao goberno galego que non permita que sexa o Goberno español o que decida a permanencia de Ence para beneficiar os intereses da empresa, concluíu.

A proposición non de lei foi rexeitada polo grupo maioritario do Partido popular.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG