O BNG pide paralizar os dous edificios do Gaiás e destinar a mitade dos fundos á Cultura galega

A portavoz de Cultura do BNG, Ana Pontón denunciou o "momento crítico" da cultura galega  mentres o PP segue dilapidando fundos públicos nun “proxecto fracasado”

Pontón pediu hoxe, a través dunha Interpelación ao conselleiro de Educación e Cultura, “paralizar de maneira definitiva os edificios da Cidade da Cultura” e destinar a mitade dos fundos do Gaiás á cultura galega.

Na súa intervención, Pontón aludiu a “situación agónica” do sector cultural galego do que dixo, o PP está a aproveitar a crise económica para “desmantelalo”, nun ano 2.800 persoas menos sen emprego en Galiza neste sector económico.

O PP segue na senda de desmantelar a cultura galega

A deputada culpabilizou ao Partido popular e ao conselleiro Jesús Vázquez de “empobrecer a vida cultural galega” e furtar a miles de persoas a posibilidade de disfrutar da cultura, convirá comigo, explicou, que unha persoa desempregada de Vigo non vai a acudir ao Gaiás a ver algún tipo de función.

Iso, afirmou, non é achegar a cultura á cidadanía, moi ao contrario, é “pechala”, sentenciou e ironizou sobre unha das principais actividades culturais para o PP, “fomentar o flamenco entre a xente nova

A nacionalista reiterou que mentres os creadores e creadoras galegas están nunha “situación límite” a Cidade da Cultura “retrae” fondos de Cultura, “o 16 por cento destes fondos van destinados ao Mausoleo do Sr. Fraga”.

A Cidade da Cultura un proxecto fracasado

Pontón engadiu que seguir investindo na Cidade da Cultura significa mercar menos libros e non apoiar as industrias culturais galegas, “estrangulan a cultura” e tampouco poden presumir das cifras de visitantes ao Gaiás. Non se poden comparar coas do Guggenhein ou a Cidade das Artes de Valencia, engadiu, “non pode dicirnos que hai un éxito de público por que non é verdade”, sobre todo, porque non hai ningún indicador obxectivo para contar aos visitantes.

Sobre o Plan estratéxico asegurou que ademais de tardar 2 anos en ser presentado resultou “un plaxio” de estudos feitos con anterioridade pola Xunta de Galiza, contidos copiados da Wipedia e dalgún estudo elaborado en Andalucía, todo isto, dixo, demostra “a súa incompetencia e irresponsabilidade” para xestionar miles de millóns de euros tirándoos ao lixo mentres a “cultura galega esmorece”.

A deputada concluíu propoñendo ao conselleiro Jesús Vázquez,“retirar a metade dos fondos consignados ao Gallás e destinalos a apoiar a cultura galega”.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG