A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, presentou unha proposición non de lei e unha iniciativa parlamenta na Cámara que insta ao Goberno a manter operativa a Axencia Consular de Basilea en Suiza dado o alto número de emigrantes galegos e galegas que viven e traballan no país helvético, e que precisan dunha Administración consular próxima.
Rosana Pérez diríxese ao Goberno pola nota informativa da Embaixada española en Suiza que informa da suspensión de funcións a partir do 15 de setembro da Axencia Consular de Basilea, e centralizar todo na Embaixada situada en Berna, a máis de cen quilómetros de Basilea.
Obrigados a emigrar, o Goberno ten o deber de facilitarlles os trámites
Un peche, puntualiza, que complicará os trámites e a prestación de axuda administrativa e doutro tipo aos miles de emigrantes galegos e galegas e españoles que traballan no país suizo. Rosana Pérez lembra que miles de galegos e galegas se viron obrigados a emigrar durante os anos 70 e 80, emigración que se voltou a reactivar nos dous últimos anos debido á grave crise económica no Estado español e a falla de traballo e de perspectivas laborais, sobre todo na mocidade.
Ademáis, subliña que moitos emigrantes que fan uso do Consulado de Basilea son persoas maiores, con problemas para viaxar ate Berna. Do outro lado temos a miles de mozos e mozas emigrantes nada familiarizados co país e a súa lingua, así como nos trámites a seguer e que máis que nunca precisan de atención por parte do Goberno español.
Salienta que os desprazamentos até Berna supoñen un gasto económico extra, e sen esquecer a disponibilidade de tempo en horarios laborais. Desde logo o peche do Consulado de Basilea vai na dirección contraria que é a de non facilitar a atención aos emigrantes alí desprazados.
Para a deputada do BNG o Goberno español non pode fuxir da súa responsabilidade para cos miles de emigrantes galegos e galegas que actualmente non teñen outra saída que emigrar na procura dun modo de vida que aquí se les denega. A deputada nacionalista afirma que resulta incomprensibel que non só se desentenda dos cidadáns mentras habitan no territorio español, senón que é totalmente censurábel que ademáis lles dificulte a axuda cando deciden emigrar a outros países.