O BNG pide modificar os criterios dos fondos Leader para que non fiquen “nunha gabeta” sen utiliza

A deputada do BNG, Tereixa Paz remarcou que as axudas da PAC restaron a Galiza 300 millóns de euros e os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) precisan de fondos para investmentos

Tereixa Paz

A proposición non de lei defendida hoxe na Comisión de Agricultura pola deputada do BNG, Tereixa Paz sobre a anulación da resolución pola que foron aprobados os novos cadros financeiros do programa Leader 2007-2013 e elaborar outros con criterios diferentes, foi rexeitada polo Partido popular.

Ademais, a nacionalista tamén reclamaba garantir o funcionamento dos diferentes Grupos de Desenvolvemento Rural asignándolle recursos suficientes durante os exercicios 2014-2015.

Na súa intervención, Paz explicou que a dirección de AGADER aprobou o novo reparto do Programa Leader Galiza 2007-2013 de fondos para Desenvolvemento rural cunha reasignación de fondos, dixo, “ distorsionada” e sen negociar cos grupos afectados.

O adecuado, ao seu xuízo, era establecer un mínimo de asignación para cada un dos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) para os dous anos que quedan antes de esgotar definitivamente o Programa Leader.

A Xunta de Galiza para “maquillar as súas contas públicas”, incrementou a porcentaxe de cofinanciación de FEADER, tanto para o programa Leader como para outros coa intención de non abonar o que realmente lle correspondía de maneira que “non diminúen os fondos Feader pero pasan do 75% de investimento ao 95% e na práctica están a diminuír o 20% no territorio”.

Nós, dixo, non defendemos que se gasten os recursos de Leader no funcionamento dos GDRs polo que preguntou como se pode explicar que non existindo un lugar físico con persoal que poida informar, elaborar proxectos, tramitalos e remitidos a AGADER para a súa aprobación haxa unhas previsións para investir no territorio, estamos ante un novo “esperpento” difícil de xustificar, manifestou.

Sobre esta circunstancia puxo diversos exemplos entre os que destacou: o GDR da Terra Chá, para investimento 800.000 euros, “tarifa plana” e para gastos de funcionamento do grupo, 305.000 euros, que alguén me explique, preguntou, como se destina esa cantidade para funcionamento senón tes cartos para investir, esta situación contrasta co GDR da Mariña con 1.900.000 euros para investimento e 242.000 para gastos de funcionamento.

A nacionalista criticou a intervención da popular García Pacín que afirmou que os que gastaron moito e non executaron, agora deben “apretar o cinto”. En Pontevedra, aclarou Tereixa Paz van ter que “apretar ate afogar” porque lle asignan 800.000 euros para investimentos e para gastos de funcionamento “cero euros”, ao mellor o que lles molesta, dixo, e que o Presidente do Grupo sexa Miguel Anxo Fernández Lores.

No Salnés, 2.795.000 euros con 156.000 euros para funcionamento do GDR, debe ser que na Terra Cha o funcionamento é máis caro que noutro lugar, ironizou.

Tereixa Paz lamentou o voto en contra do PP a unha iniciativa do BNG destinada a utilizar os fondos Leader para investir no medio rural e que non “fiquen nunha gabeta en utilizar”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG