O BNG pide explicacións polo desaloxo de inmigrantes subsaharianos

A deputada Olaia Fernández Davila reclama que se esclareza se se respectaron os dereitos humanos no desaloxo da Illa da Terra

O Bloque Nacionalista Galego ven de solicitar a comparecencia do Ministro de Interior, Jorge Fernández, para que dea conta do desaloxo dos inmigrantes da Illa de Terra e se se respectaron os dereitos humanos nesa actuación.

O BNG, a través da súa deputada no Congreso Olaia Fernández Davila, quer saber que pactou o goberno español co marroquino para proceder a este desaloxo.

Existen informacións confusas e ambiguas sobre as condicións nas que se produciu o desaloxo e o  Goberno ten que comparecer para aclaralas

Asemade, a parlamentar nacionalista considera que o ministro debe aclarar tamén algún aspectos referidos á garantía dos dereitos humanos dos subsaharianos.

“Chama poderosamente a atención que o despliegue policial e o desaloxo se fixeran de madrugada, en plena noite e cando máis risco existe para a vida das persoas”, afirma Davila.

A deputada do BNG cre que Jorge Fernández ten que esclarecer ben este punto, pois existen información confusas e ambiguas sobre as condicións humanas dos inmigrantes neste suceso.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG