Montse Prado criticou o Decreto do Goberno español que regula ás ETTs e que prexudica gravemente os servizos públicos de emprego e os dereitos dos traballadores e traballadoras ao incidir na precaricación das condicións de traballo
A parlamentaria do BNG, Montse Prado formulou hoxe unha pregunta na Comisión de Política Social e Traballo relativa a aprobación do Decreto para regular as Empresas de traballo temporal.
A parlamentaria reclamou erradicar as Empresas de Traballo temporal, das que dixo, trafican cos traballadores e traballadoras e lamentou que a directora de Formación, Ana Díaz, restara importancia á perda de competencias coa aprobación do Decreto.
As ETTs teñen un volume de negocio que vai en aumento
A parlamentaria asegurou que a presenza laboral da ETTs tamén vai en aumento ao igual que o seu volume de negocio baixo o paraugas que o Goberno español lle ofrece sen que a Xunta faga nada por erradicalo.
Tras a intervención da directora xeral, a nacionalista criticou a submisión do Goberno galego e cualificouno de delegación administrativa que asume docilmente as decisións de Madrid.
A deputada reiterou a súa oposición as reformas do Goberno do Estado relativas ás Empresas de traballo Temporal que permite regular o seu réxime xurídico prexudicando os servizos públicos de colocación aos que a maiores, dixo, lle reducen os orzamentos, no ano 2015 foi dun 11% menos afirmou Montse Prado.
Con este decreto, dixo, deixan tirada a clase traballadora galega e o Goberno galego permite a intromisións nas súas competencias. A parlamentaria rexeitou as afirmacións de Díaz xustificando as nova regulación en aras da unidade de mercado e unificación administrativa porque ao ao seu entender, tales afirmación tradúcense en que non é preciso un Goberno galego,concluíu.