O BNG pide eliminar o pago de residencia e comedor nos institutos náutico-pesqueiros

Daniel Rodas reclama tamén eliminar a matricula na aula de Seguridade e salvamento nas escolas de capacitación agraria

O portavoz de pesca do BNG, Daniel Rodas, rexistra diversas iniciativas nas que reclama á Consellaría de Medio Rural e do Mar retirar o Decreto 143/2013 que fixa os prezos para os servizos de residencia e comedor dos centros de formación marítimos-pesqueiros. Ademais, reclama tamén a retirada dos prezos de matrícula para a Aula de Seguridade e Salvamento e Escolas de Capacitación Agraria.

Esta medida aféctalle especialmente aos alumnos do Instituto Politécnico Marítimo-Pesquero do Atlántico, en Vigo, a Escuela Oficial Náutico Pesquero de Ferrol, a Escuela Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira e ao Instituto Galego de Formación en Acuicultura en a Illa de Arousa, cuxas condicións de matriculación son modificadas drasticamente sen que fosen informados.

Unha tropelía contra as clases máis prexudicadas pola crise

O deputado considera que a medida resulta “unha tropelía” ás expectativas de moitos mozos/as que comezaban o curso cunhas condicións e agora ven modificadas e que os aboca ao pago duns servizos ata agora gratuítos.

Para o deputado, con este decreto, a Consellería e Medio Rural e Mar da un paso máis na limitación de aceso do alumnado procedente de clases sociais máis castigadas pola crise impedíndolle a formación, tanto no ámbito náutico-pesqueiro como agroforestal.

Si xa estes dous sectores tiñan problemas de incorporación xeracional, con esta medida seccionase o aceso daquelas persoas con menos recursos, que teñen que desprazarse dende outras localidades ou que teñen que conseguir determinados certificados profesionais.

O nacionalista explica nas iniciativas que, a Consellaría ven de establecer unhas tarifas que chegan ata os 1.968,00 euros para o servizo de residencia, e prezos de matrícula en cursos na Aula de Seguridade e Salvamento que van dende 390,00 euros para un de formación básica de seguridade (teórico), ata 450,00 euros polo curso de embarcacións de supervivencia e botes de rescate (non rápidos).

O BNG denuncia que a Consellaría de Medio Rural e do Mar acaba de acometer outra felonía para rematar co sector do mar. Xa non chega con que a UE non nos deixe pescar, que non exista política pesqueira propia, senón que agora pretende que o maior potencial que temos, a formación, só sexa accesible para quen a poida pagar, afirma o portavoz de pesca do BNG.

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG