O deputado do BNG, Daniel Rodas alertou da situación do sector mexilloeiro castigado polos peches administrativos, efectos do mal tempo e a competencia pola importación de produto foráneo
O deputado do BNG, BNG, Daniel Rodas alertou hoxe na Comisión de Pesca, celebrada no Parlamento galego, da grave situación do sector mexiloeiro castigado polos peches administrativos, os efectos dos diferentes temporais en Galiza e a competencia polas importación do mexillón.
Rodas explicou que a importación doutros países produtores provoca que do 60% da produción destinada á industria e 40 % a fresco, nunha soa década destinase para a industria o 35% mentres que para fresco vai o 65%. Isto supón maior competitividade e menor prezo. No ano 2003 o prezo para fresco estaba en 0,70 euros/quilo, ano 2012 chegou o 0,43 euros quilo.
O portavoz de pesca do BNG, demandou do Secretario Xeral a adopción de medidas para paliar unha situación afectada pola decisión da UE de autorizar a comercialización de chorito fresco, que prexudicará aínda máis a competitividade dun sector estratéxico para Galiza, polo número de empregos, máis de 12.000, pero sobre todo polo modelo de reparto de riqueza que permite que existan máis de 2.000 pequenas empresas.
Rodas tamén demandou da Xunta xestións ante a UE que a facilidade de penetración dese produto e protexer a etiquetaxe para impedir que se envase como conserva galega produtos doutras procedencias. Ademais reclamou campañas de consumo vinculadas ao produto autónomo coa promoción da DOP Mexillón de Galicia, controis no fraude do envasado e sen colaboración, obrigando a propia administración a que impulse estas medidas no sector conserveiro e nas áreas de comercialización.
Por outra parte lembrou que os fondos comunitarios destinados á industria de transformación teñan unha vinculación directa co produto propio. Non pode ser que esteamos financiando con cartos públicos investimentos de determinadas industrias cuxa finalidade é importar mexillón doutras zonas, denunciou.
O sector está a deixar de ingresar dende o ano 2006, 34 millóns cada ano por mor desta política da UE de Tratados de Libre Comercio que blinda a liberdade de capital europeo noutros países e abandonase a defensa dun sector extractivo, piar fundamental das comunidades costeira de Galiza, unha política, dixo, que o actual Goberno galego defende culpando ao sector de que non teña capacidade de unidade e de enfrontar a situación.