A iniciativa nacionalista busca o consenso de profesionais e grupos parlamentarios para o financiamento e xestión pública do centro sanitario
O BNG presenta no Parlamento galego unha Proposición non de lei pola que insta ao Presidente da Xunta a elaborar unha estratexia de rescate para o financiamento público da obra e xestión do novo Hospital de Vigo.
A iniciativa, asinada polos deputados/as, Ana Luísa Bouza, Carme Adán e Henrique Viéitez, reclama ao Goberno galego presentar de inmediato no Parlamento unha proposta de rescate ao fin de asumir dende o consenso o proxecto que a Área sanitaria de Vigo demanda.
O BNG xa alertou do fracaso do sistema de financiamento público e privado do Hopital de Vigo promovido polo Partido popular
Neste sentido, o BNG considera que o Goberno de Núñez Feijoo debe actuar de maneira responsable e de consenso con profesionais e grupos parlamentarios para acadar unha alternativa non gravosa nas arcas públicas, o rescate da obra para o financiamento e xestión pública é máis urxente que nunca é a única garantía, defenden os autores da iniciativa para que o centro remate no tempo e nas condicións que a Área sanitaria de Vigo precisa,
Adán, Bouza e Viéitez salientan no texto que, o BNG alertou hai tempo do fracaso do PFI para o sistema público sanitario, fracaso, afirman os nacionalistas, que agora recoñece a propia concesionaria polo que denuncian o incumprimento das promesas e prazos fixadas polo Presidente da Xunta e piden unha actuación urxente do Goberno galego.