Carlos Aymerich defende, a través dunha Proposición non de lei, non aplicar en Galiza a orde que obrigará aos pacientes a pagar o servizo de ambulancias
O portavoz de Sanidade do BNG, Carlos Aymerich rexistra unha Proposición non de lei no Parlamento galego na que insta ao Goberno a opoñerse a copago en Galiza do transporte sanitario non urxente que será aprobado polo Consello Interterritorial de Saúde.
Aymerich denuncia que esta nova medida do Partido popular en Galiza e España avanza na liña de privatización do sistema sanitario e tenta implantar medidas no territorio galego que se están a ensaiar en Madrid.
Para o parlamentario, o copago das ambulancias afectará a pacientes crónicos e oncolóxicos e provocará a merma do poder adquisitivo de moitos e moitas galegas, incluídos os pensionistas que xa están a pagar os medicamentos e aos que non se lle van revalorizar as pensións conforme o IPC.