O BNG denuncia o reparto de cotas pesqueiras e pide outra negociación

O portavoz de pesca do BNG, Daniel Rodas reclama establecer un “Acordo Internacional” coa obriga de ser cumprido por todos os países membros

O portavoz de pesca do BNG, Daniel Rodas demanda da Xunta de Galiza instar ao Goberno central para negociar un novo reparto de cotas e iniciar as xestións cara establecer “un Acordo Internacional de pesca” co abriga de seren cumprido por todos os países membros.

O parlamentario rexistrou diversas iniciativas parlamentarias ante a situación xerada polas cotas pesqueiras e concretamente pola designada á xarda, “ un dos poucos sectores en Galiza que xera actividade económica e emprego”, darlle a espalda, denuncia , “é suicidarse”.

Galiza prexudicada co reparto de cotas pesqueiras

O nacionalista tamén explica que as cotas da cabala son establecidas no Organismo Internacional NEAFC (Norwest Atlantis Fisheries Comisión) da que forman parte: Islandia, Noruega, Illas Feroe, Groenlandia, Rusia e a UE. NEAFC, salienta, ten un poderoso comité científico que asesora sobre o estado dos stocks das especies reguladas, incluída a xarda, pero desde hai varios anos, o Comité Científico (CIEM) que asesora a este organismo, ven aconsellando unha redución na cota da súa captura. Por outra parte, tamén a UE ten establecido un reparto das súas cotas, correspondéndolle ao Estado español o 7% do total europeo.

A maiores, o Estado español, previa denuncia de Noruega, ven sendo penalizado por excederse do cupo durante os anos 2009 de 29.000 toneladas e de 2010 de 26.000 toneladas.

Neste ano 2013, previa sanción de -9.000 toneladas, correspondeulle un cupo de 19.690 toneladas.

En contraposición, denuncia o deputado do BNG, países como Islandia e Illas Feroe, “desoen as recomendacións e se autoimpoñen as cotas de acordo coas súas necesidades”, pasando as Illas Feroe no 2010 dunha cota de 25.000 toneladas a 85.000 e Islandia, que xa no ano 2010 excedeuse ata as 122.000 toneladas, ten unhas previsións para este ano de nada máis e nada menos que 500.000 toneladas, A xustificación que dan é un desprazamento do banco cara as súas augas.

O portavoz de pesca do BNG asegura que ata o ano 2010, estes dous países incrementaron as súas capturas nun 62% en 5 anos.

 A pesca galega sitiada

A maiores, indica o nacionalista, a UE regula o caladoiro Cantábrico-noroeste, en función dos estados e a pesar de atoparnos o mar cheo de xarda, “a flota galega é sancionada se non a tira ao mar”, mentres os arrastreiros portugueses pescan con total normalidade, descargan nos nosos portos e venden nos mercados galegos “unha especie prohibida para a nosa flota”.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG