Ana Pontón: Aquí todos hablamos castellano y tú tienes que hablar en castellano esta e outras frases foron pronunciadas polos responsábeis do campamento de verán do Centro hípico Casas Novas a unha nena de 10 anos por usar o galego
Pleno.-A parlamentaria do BNG, Ana Pontón denunciou hoxe, a través dunha pregunta ao goberno, unha nova discriminación lingüística sobre unha nena de 10 anos no campamento de verán organizado polo Centro Hípico Casas Novas, de Arteixo obrigada a falar en castelán por parte dos responsables do centro.
Te explicas tan mal que no te entiendo, no te entiendo como hablas, yo si te hablo en castellano tu obligación es hablarme en castellano, aquí todos hablamos castellano y tú tienes que hablar castellano, deste xeito comezou a súa intervención a deputada para denunciar algunhas das frases que soportou a nena no campamento hípico Casas Novas. Son unha mostra, dixo, do maltrato a que foi sometida unha menor por utilizar a nosa lingua.
Na denuncia formulada pola propia nai, explicou Pontón, a nena viviu durante unha semana esta situación sentíndose desprezada e humillada, situación que trasladou aos responsábeis do centro cuxa resposta foi no le des importancia, tienes que entender que aquí no todos hablan galllego o será por que no la entienden.
A parlamentaria manifestou que centro recoñece o problema, aínda que non de maneira oficial e intentando metelo debaixo da alfombra. Afortunadamente, engadiu, hai moitas persoas valentes dispostas a denunciar estas humillacións e discriminacións da lingua galega. Neste sentido, lembrou que hai denuncias ante o Valedor, a Xunta e Consumo polo que preguntou ao conselleiro de Educación, Román Rodríguez que van facer para que estes feitos non se repitan.
Pola súa parte, o conselleiro, a pesar de recoñecer a denuncia explicou que a Secretaria xeral de Política lingüística remitiu un escrito no que de ser certas estas denuncias sería unha vulneración dos dereitos lingüísticos e que o centro debe rectificar, en embargo, dixo, o centro nega o acontecido e todo foi unha interpretación errónea dos feitos.
Na quenda de réplica Pontón amosou o volume das Normas Institucionais de Galiza nomeando o artigo 5 no que di que ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua. Os idiomas galego e castelán son oficiais e os poderes públicos garantirán o uso dos dous idiomas e potenciaran o emprego do galego.
Da súa resposta, inquiriu Pontón, entendemos que ante a vulneración de dereitos fundamentais, a súa consellería limítase a escribir unha carta na que acepta a versión do centro Hípico.