O deputado Daniel Rodas reclama non utilizar o criterio de descartes nas pesquerías multiespecíficas como a galega
O portavoz de Pesca do BNG, Daniel Rodas rexistra unha Proposición non de lei na que demanda do Estado español que nas negociacións realizadas pola Unión Europea no marco da PPC 2014-2020, a Xunta teña unha presenza real para defender os intereses da flota galega.
Rodas tamén reclama que non sexa aplicada a medida coercitiva que diminúe drasticamente os días de pesca porque rebaixa as posibilidades de capturas ademais de abocar a flota ao amarre.
O deputado critica a satisfacción do Ministro Miguel Arias Cañete demostrada polo acordo acadado na Unión Europea para prohibir de maneira escalonada os descartes pesqueiros na nova reforma da Política Pesqueira Común (PP 2014-2020).
Este novo plantexamento dos descarte, indica Rodas, afecta directamente á flota galega por seren unha pesquería multiespecífica en comparación con outras de países nórdicos que se dedican a determinadas especies e sen problemas de cotas.
Para o parlamentario do BNG, o novo criterio de descartes elimina a flota galega, unha flota moderna, competitiva e altamente profesional, de aí a necesidade de Galiza de estar presente en Bruxelas para poder defender os principais sectores produtivos galegos.