O BNG demanda medidas concretas para resolver os problemas do sector pesqueiro polo mal tempo

O deputado do BNG, Daniel Rodas pediu “política real” fronte á “foguetería propagandística” da Xunta de Galiza1205250383188temporal_farogd

Daniel Rodas instou hoxe á Xunta, a través dunha pregunta parlamentaria na Comisión de pesca, aplicar con urxencia “medidas concretas” que resolvan os problemas provocados polos últimos temporais en Galiza.

Rodas denunciou que o decreto 2/2014 unicamente destina axudas para danos en unidades familiares que acrediten escaseza de recursos para todas aquelas dependencias non destinadas a uso residencial.

O deputado remarcou que o mal tempo afectou de maneira agresiva ao sector pesqueiro: mariscadores/as, mariñeiros, mexiloeiros, comercializadores...polo que cualificou o devandito decreto de “foguetería propagandística”.

Ante esta situación, Rodas reclamou ao Secretario xeral de Pesca adoptar medidas concretas para que as mariscadoras/res poidan facerlle fronte ao pago das cotas da seguridade social, a flota de baixura afronte a situación de perda de capturas nun 22%, facilitar a situación dos mozos que neste período de crise optaron por adquirir unha embarcación e deben facer fronte aos pagos do crédito contraído e determinados produtores poidan tamén acollerse a créditos brandos para poder paliar a falla de ingresos que se leva prolongando máis de dous meses.

Daniel Rodas

Neste Real Decreto-Lei, dixo, tamén figuran medidas laborais e de seguridade social consistentes na moratoria dun ano sen interese do pago das cotizacións da Seguridade Social, correspondente a 3 meses naturais, que resultan, en opinión do parlamentario, “unha tomadura de pelo” para as necesidades reais dos centos de mariñeiros que levan este inverno sen faena.

Rodas, criticou a xustificación do Secretario Xeral de Pesca e denunciou a reacción, “lenta e con escusas” do Goberno galego que non quere enfrontarse ao problema real e séguese amparando nas coñecidas frases de: “vamos a esperar a que remita o temporal para facer a avaliación de danos”, “xa estamos nel”, “xa o estamos estudando”, “xa entablamos contactos”,...

Os que padecen os problemas de inactividade non queren “retóricas nin foguetería”, manifestou, demandan medidas concretas para poder pagar as cotas da seguridade social, reparar os barcos, comprar artes e aparellos, facerlle fronte as taxas portuarias, aos créditos, dispor de liquidez... Medidas concretas e reais contra a falta de ingresos de máis de dous meses de inactividade, escaseza de capturas e poucos ingresos.

 

 

 

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG