O portavoz do BNG no Parlamento galego, Francisco Jorquera, e a deputada do BNG, Montse Prado, mantiveron un encontro con representantes de medios de comunicación en galego para analisar a problemática pola que atravesan.
Entre os medios asistentes ao encontro estaban: Tempos Novos, Praza pública, Sermos Galiza, Radiofusión, Novas da Galicia, Galicia Confidencial e Compás da Costa, medios escritos que utilizan o idioma galego.
Os parlamentares do BNG escoitaron as demandas e os plantexamentos dos xornalistas e se comprometeron a trasladar ao Parlamento galego en forma de iniciativas parlamentares a necesidade de que se adopten medidas para impulsar e promover os medios de comunicación en galego, que, desgrazadamente, cada vez son menos.
A Xunta non debería discriminar aos medios en galego
Jorquera, Prado e Pontón concordaron cos xornalistas no feito de que o panorama que hoxe ten Galiza no ámbito da comunicación en galego é desolador. Os últimos anos caracterizáronse por continuos peches de cabeceiras de xornais en galego, tanto impresos en papel como do eido dixital.
Para o BNG é importante que se preserve a comunicación na lingua de Galiza e lamenta que desde a Xunta se estean a dar pasos para atrás neste eido en lugar de avanzos, discriminando e marxinando precisamente aos medios en galego. Feijoó non cumpre con nada do estabelecido na lexislación vixente, e compre nomear o Estatuto de Autonomía, a Lei de Normalización Lingüística, o Plano Xeral de Normalización da Língua Galega ou a Carta Europea de Línguas Rexionais ou Minorizadas. Todo o contrario, estamos asistindo a un retroceso nunca visto desde as primeiras iniciativas normalizadoras do idioma galego.
Os parlamentares do BNG advirten que é un momento pésimo para os medios en xeral, pero sobre todo para os que empregan o galego. A Xunta subvenciona aqueles que utilizan o castelán na súa comunicación e discrimina das axudas públicas aos medios en galego. É o mundo ao revés.
Por iso, comprometéronse cos xornalistas presentes, a levar ao Parlamento galego iniciativas para que se aumente o nivel de protección e desenvolvemento dos medios en lingua galega. O Goberno galego debería apostar por incentivar e promocionar a escrita en galego. Non é de recibo que nun territorio con lingua propia se discrimine a comunicación en lingua galega.
Neste sentido, sembraron que a Secretaría Xeral de Medios estabelece cada ano as bases reguladoras coa conseguinte convocatoria para a concesión de axudas económica dirixidas a empresas xornalísticas. Un feito constatábel é a constante reducción das contías destinadas a medios en galego até ficar case en cifras testemuñais en comparanza coas empresas que utilizan o español nas súas comunicacións.
Neste sentE denunciaron que as sucesivas modificacións que foi introducindo o PP favoreceron aos grandes grupos de comunicación en detrimento das empresas que usan e promocionan o gal
Os parlamentares nacionalistas anunciaron que presentaran iniciativas para demandar á Xunta que garanta a existencia dun espazo de comunicación en galego e a viabilidade dos medios en lingua galega. O BNG pedirá que se contemple un baremo obxectivo para un reparto equitativo máis xusto das axudas.
Consistiría en cambiar os criterios das axudas para vinculalas a unha finalidade social e estabelecendo criterios transparentes e equitativos na contratación de publicidade institucional.