A deputada do BNG, Ana Pontón reclamou, a través dunha Proposición non de lei, facer público o contrato da gravación do vídeo de Enrique Iglesias polo que a Xunta pagou máis de 300.000 euros
A iniciativa defendida hoxe pola deputada do BNG, Ana Pontón reclamando o contrato do vídeo de Enrique Iglesas acadou a unanimidade dos grupos parlamentarios presentes na Comisión de Industria.
Tras a aprobación da Proposición non de lei nacionalista o Parlamento reclamará á Xunta o contrato asinado coa produtora de Enrique Iglesias co obxecto de promocionar o turismo en Galiza.
Neste sentido, Ponton criticou o despilfarro de cartos públicos e agasallo económico da Xunta ao millonario de Miami. Asemade, puxo en tea de xuízo o retorno económico do investimento explicando que non existe ningún informe que xustifique tal retorno.
Para a deputada, o PP volve a mentir ao afirmar que as visitas alcanzan os 100 millóns cando en realidade dixo, só foron 16 millóns de entradas a un vídeo cantado en español e con escasa presenza de Galiza nas imaxes.
Por outra parte, desmontou o argumento do Partido popular que en todo momento centrou o éxito do vídeo no gran número de entradas rexistradas e preguntou que valor ten para o turismo en Galiza que un adolescente en América visione o vídeo se nunca vai viaxar ata o lugar da gravación.
Nova versión dunha Xunta pailaroca
Pontón reprobou o agasallo económico á produtora de Enrique Iglesias e cualificou o feito de nova versión dunha Xunta pailaroca que non reparta en aplicar todo tipo de recortes ao sector cultural galego mentres inviste fondos públicos no vídeo Noche y día.
A portavoz do PP, Cristina Romero rexeitou as acusación da oposición de despilfarro e anunciou o voto favorable do Partido popular á iniciativa nacionalista para que a Xunta entregue a información requirida polo BNG no Parlamento galego.