O BNG condena o asasinato de tres activistas kurdas en París

O BNG quer expresar a súa máis enérxica condena perante o asasinato de tres mulleres kurdas que foron atopadas na pasada madrugada en París.

Tal e como se recolle hoxe nos medios de comunicación, trátase dunha “execución preparada”, xa que as falecidas eran activistas kurdas, unha delas, protagonista na creación do Partido dos Traballadores do Kurdistán (PKK).

Dende o BNG, agardamos que as autoridades francesas actúen coa maior celeridade e atopen os asasinos destas mulleres, asi como reiteramos o noso apoio á causa do pobo kurdo e agardamos a pronta resolución pacífica do proceso.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG