O BNG condena a agresión de dúas mulleres en Ames

O BNG de Ames amosou a través dun comunicado a súa máis enérxica repulsa perante a agresión sufrida por dúas mulleres en Bertamiráns, perpetrada na noite do domingo 27 de xaneiro, que segundo todos os indicios constituiría un novo caso de violencia de xénero neste concello.

O BNG quixo, así mesmo, transmitir a súa máis profunda solidariedade aos familiares e achegados das mulleres agredidas.

Este dramático suceso volve a pór de manifesto que a violencia machista continúa a estar enquistada na nosa sociedade e é preciso seguir combaténdoa, a nivel social e institucional.

O BNG reitera o seu rexeitamento calquera forma de discriminación negativa que aínda sofren as mulleres nunha sociedade que continúa a estar dominada polo discurso e polas prácticas machistas, e que está no transfundo de acontecementos como o aquí denunciado

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG