Carme Adán denuncia que os fondos adicados no proxecto de orzamentos da Xunta baixan un 65 por cento respecto a 2009
O Bloque Nacionalista Galego comprometeuse cunha delegación da Coordinadora Galega de ONG para o desenvolvemento a emendar os orzamentos galegos para este ano co obxecto de incrementar a partida destinada a estas organizacións.
A portavoz de Políticas Sociais do G.P. do BNG, Carme Adán, mantivo este mediodía un encontro con membros da Coordinadora para coñecer a situación na que se atopa a entidade, consciente de que, paradoxicamente, nun momento no que o traballo solidario se fai más preciso que nunca os orzamentos adicados a este labor minguan considerablemente.
Neste sentido, coincidiu coa Coordinadora en que non é de recibo que dende 2009, coa desculpa da crise, os fondos destinados á cooperación baixen un 65 por cento, sendo o orzamento deste ano, de 2,8 millóns de euros, o máis baixo dende 2001.
Adán lamentou que o progresivo desmantelamento da cooperación como política pública a nível estatal vaia parello a un desmantelamento a nível galego co argumento de que é competencia do Estado, tamén na cooperación se ve o sesgo recentralizador das políticas do PP.