BNG e CIG Universidade analizan as contas do PP para o Sistema Universitario Galego

Francisco Jorquera e Cosme Pombo denuncian a repercusión “negativa” dos orzamentos 2014 por incidir nos recortes de persoal e medios

Encontro BNG-CIG

Unha delegación de CIG Universidade e deputados do BNG hoxe mantiveron un encontro no Parlamento ao fin de analizar a repercusión negativa dos Orzamentos 2014 para o sistema universitario galego.

Para os deputados do BNG, Francisco Jorquera e Cosme Pombo a insuficiencia orzamentaria do SUG suporá a diminución de 7 millóns de euros sumado o 20% de recortes en catro anos.

Os nacionalistas denunciaron que a redución responde ao “rumbo” trazado pola Consellería de Educación cara a privatizacións da educación e o deterioro da Universidade pública co recorte do poder adquisitivo do persoal nun 25 por cento, recorte na reposición de vacantes, descapitalización das universidades e unha atención cada vez máis deficiente ás actividades docentes e investigadoras

Nos catro últimos anos, afirma o deputado e portavoz de Educación do BNG, Cosme Pombo se está a “destruír o sistema galego de investigación” reducindo o investimento a ratios que non chegan nin ao 50% da media europea.

Os recortes, engadiu o portavoz do g.p do BNG, Francisco Jorquera, tamén afectan á autonomía universitaria, perda de estudantado por falta de recursos e despois da Lei Wert,” máis abandono da Universidade”.

O BNG trasladou á delegación da CIG Universidade ás emendas nacionalistas os Orzamentos do PP destinadas a garantir a reposición do profesorado e recuperación dos dereitos económicos perdidos, a través do aumento estrutural da Universidade en 20 Millóns de euros, 2,2 millóns para bolsa e 17 millóns para gastos de persoal.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG