O BNG asina unha declaración conxunta no Congreso en contra da reforma local do PP

A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, e Rosana Pérez, asinaron unha declaración conxunta, con todos os grupos políticos da oposición no Congreso, para denunciar a reforma dos concellos que está a levar a cabo o Goberno do PP e que está a ser moi contestada.

Davila e Rosana Pérez participaron na comparecencia conxunta no Escritorio da Cámara no que leron a declaración. Manifestaron que a reforma do PP “non resolver os problemas reais dos concellos. Pola contra, erosiona a autonomía local e non respecta as competencias municipais, non ten en conta os principios de proximidade e de equidade na prestación dos servizos públicos, non respecta as competencias das CC.AA recoñecidas nos Estatutos de Autonomía e pón en perigo a prestación dos servizos sociais básicos”.

Instaron ao PP “á busca do necesario consenso para acadar maiorías sociais”. Pediron a retirada do anteproxecto e emprazaron ao Goberno a facer un novo.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG