O BNG sumouse no Congreso á leitura dun alegato que realizaron os portavoces de Amaiur, Xabier Mikel Errekondo e Rafael Larreina, para denunciar a realización de macroxuizos "políticos" como o que se está a celebrar na Audiencia Nacional contra 34 cidadáns vascos, coñecido como o xuizo das Herriko Tabernas.
Unha comparecencia na que participou a deputada do BNG, Rosana Pérez, o deputado de ERC, Joan Tardá, e os deputaos e deputadas de Amaiur na Cámara Baixa.
No Alegato se solicita que non se celebren máis xuizos políticos, que se "sobresean todos os xuizos baseados en flagrantes, arbitrarias e escandalosas instruciósn xudiciais, que desaparezan dos procesos xudiciais a aplicación do dereito penal do inimigo, que se exerza o respecto incondicional ao pluralismo político e aos dereitos fundamentais de asociación, liberdade ideolóxica e de expresión, e que se asente unha base sólida de convivencia democática".
Ao igual que o deputado de ERC, a deputada do BNG expresou o respald do BNG a unha solución dialogada e pacífica do conflito no País Vasco: "Desde o BNG apoiamos todas as actuacións encamiñadas a solucionar o conflito no País Vasco, e desde logo este macroxuizo non contribúe a asegurar a tan esperada pacificación. Desde o BNG cremos que é através do diálogo, do debate nas institucións como se pode chegar a unha solución. O macroxuizo da Audiencia Nacional non vai nesa dirección. Por iso, hoxe aquí respaldamos e manifestamos o noso apoio e desexo de que haxa paz no País Vasco canto antes. Instamos ao Goberno español a dar pasos cara adiante e mollarse, poñer todos os medios precisos para unha solución política definitiva".