Para o BNG a actuación policial emprendida contra o movemento vasco Herrira, representa un gravísimo ataque aos dereitos democráticos e retrata a auténtica vontade do Goberno español en relación co pobo vasco e co proceso de paz en marcha en Euskal Herria, que intenta eliminar.
Neste sentido, a Executiva trasladou ao colectivo Herrira unha mensaxe de solidariedade, ánimo e apoio dende Galiza, dende o BNG, nestes momentos difíciles e duros, mais tamén esperanzadores.
Ao mesmo tempo, trasladou o máis absoluto rexeitamento á actuación policial acometida contra Herrira.