Daniel Rodas propuxo presentar unha demanda contra o Reino de Noruega por discriminar aos traballadores do mar e impedir as percepcións de pensións tras estar empregados nos mesmos barcos
O deputado do BNG, Daniel Rodas defendeu hoxe unha proposición non de lei contra a decisión de Noruega de impedir as pensións dos traballadores galegos embarcados en barcos noruegueses e que pagaron impostos nese país.
O parlamentario demandou do Goberno galego instar ao Goberno español a presentar unha demanda contra esta decisión por considerar que incumpre o Convenio europeo de Dereitos Humanos e discrimina por nacionalidade a inclusión no sistema de Seguridade social norueguesa aos traballadores empregados nos mesmos barcos.
Rodas explicou que Noruega non recoñece as pensións de xubilación, 12.000 mariñeiros, segundo a Asociación galega Long-Hope, por carecer de residencia no país. A súa desprotección, dixo, agravase porque España non computou o tempo de embarque nos devanditos buques na Seguridade Social.
O parlamentario defendeu a posibilidade de que sexa o Goberno de España o que denuncie a Noruega ante o Tribunal europeo de Dereitos Humanos por esta anómala situación en troques de facelo os traballadores do mar emigrantes afectados.
O Parlamento vota por unanimidade a iniciativa do BNG
Pola súa parte, o portavoz do PP, José Manuel Balseiro coincidiu co espírito da iniciativa defendida polo deputado do BNG e o consenso do resto dos grupos que a apoiaron polo que anunciou o voto favorable do grupo maioritario do Partido popular.
Tras a intervención de Balseiro, Daniel Rodas congratulouse da unanimidade acadada na Cámara galega para reclamar a Noruega as as pensión dos traballadores galegos en barcos noruegueses.