Tereixa Paz reclamou manter o postos de traballo e o compromiso da Xunta na viabilidade da empresa
O BNG acadou hoxe un acordo parlamentario, na comisión de Industria,a través dunha Proposición non de lei defendida pola deputada Tereixa Paz sobre a viabilidade da empresa T-Solar que finalmente votado por unanimidade co seguinte texto:
O Parlamento de Galiza insta ao Goberno galego a:
1- Manifestar aos traballadores e traballadoras de T-Solar o apoio desta Cámara á procura dos seus postos de traballo.
2- Dentro dos medios legalmente recoñecidos, ter unha participación activa no concurso de acredores na defensa dos intereses económicos da administración pública galega para velar porque a prioridade na resolución do concurso sexa o mantemento da actividade da fabrica e dos postos de traballo
3- Realizar as xestións que estean na súa mán nun novo escenario económico para a empresa T-Solar ou de producirse a súa venda, a Xunta de Galiza apoie un proceso empresarial solvente e viable que garanta o futuro da planta e o mantemento dos postos de traballo para o cal, respectando o procedemento establecido na adminstración concursal procurará o coñecemento directo das ofertas para a súa análise dotando todo este proceso de participación e información ao conxunto dos traballadores e traballadoras.
4- Continuar coa súa implicación na tramitación do concurso de acredores buscando unha viabilidade para a planta do parque tecnolóxico de Ourense.
5-Que empregue todas as vías, ao seu alcance, para reclamar todas as axudas públicas outorgadas a T-Solar nas que houbese incumprimento de condicións."