Nunha xuntanza con membros da plataforma, a nacionalista anunciou a presentación de novas iniciativas parlamentarias contra un proxecto que carece de sentido e resulta incoherente nun contexto de grave crise económica
Tras a xuntanza cos membros da Plataforma contra a variante de Portosin, a deputada do BNG, Ana Pontón manifestou o sinsentidodeste proxecto iniciado pola consellería que dirixe Agustín Hernández e anunciou que o grupo parlamentario seguirá presentando iniciativas parlamentarias ao fin de paralo.
É unha obra que ninguén reclama e que provocará un grave dano medioambiental. Asemade, o rural verase afectado por un proxecto cun investimento de 30 millóns de euros para aforrar tan só un minuto, afirmou.
Nós, dixo, cremos que neste momento de grave crise económica e recortes continuos, resulta un desplifarro de fondos públicos destinar unha importante cantidade a un proxecto que está a provocar unha clamorosa contestación social.
A parlamentaria recalcou que o BNG xa pediu no Parlamento a paralización definitiva do proxecto e destinar o investimento a creación de postos de traballo nunha comarca gravemente afectada polo desemprego.
Pola súa parte, os membros da Plataforma contra a variante de Portosín, Jesús Maneiro e Xoán Xosé León denunciaron que a obra prexudicará ao núcleo veciñal e ao propio territorio situado entre a costa e o monte, vanos deixar abandonados nunha estreita franxa de terreo e as persoas que habitualmente nos visitan para disfrutar das praias e da natureza deixarán de facelo.
No caso de levar adiante o proxecto da variente, vanos romper a vida tanto aos veciñ@s como aos visitantes polo que reclamamos botar abaixo esa obra innecesaria.
A xustificación de conectar Noia cun polígono industrial tamén proxectado, manifestaron, é falsa porque temos datos que nos confirman que o polígono segue en proxecto e probabelmente seguirá así no futuro, a variante de Portosín non ten razón de ser e suporá unha importante perda de calidade de vida para as persoas da zona.