Ana Pontón reclama un modelo alternativo a SOGAMA

Ana Pontón

A deputada defendeu unha Proposición non de Lei para modificar a lei que regula a “abusiva taxa” aos concellos por este servizo, iniciativa que o Partido popular rexeitou.

Ana Pontón diríxese ao escano

A deputada do BNG, Ana Pontón cualificou de “moi feo mentir” porque “denigra a actividade política” en alusión á intervención do portavoz do Partido popular, Daniel Varela que fixo referencia a existencia dun acordo coa FEGAMP para incrementar a taxa de SOGAMA.

Sobre esta cuestión, a nacionalista explicou que “é falso” que se producira algunha negociación ao respecto, máis ben todo o contrario, despois de “exercer presión” os alcaldes nacionalistas e tamén algúns socialistas fronte a suba abusiva da taxa, tivo lugar unha xuntanza onde o Goberno galego defendeu non cuestionar o modelo SOGAMA nin a suba que pretendían aplicar. Neste Parlamento, dixo, se o PP tivera vontade política, en vez de retrasar a suba a dous meses podían facelo a seis, porqué non o fixeron? preguntou.

Non intenten responsabilizar aos demais das decisións que adopta o Partido popular, recriminou a nacionalista a Varela. A intención do BNG, afirmou, “é parar unha suba abusiva aos cidadáns” e modificar un modelo que vai en contra da lei porque SOGAMA resulta unha “bomba ambiental e económica” e nós reclamamos un modelo de xestión de Residuos sólidos Urbanos diferente.

Intervención de Ana Pontón

SOGAMA, “non ofrece futuro nin estabilidade” á xestión dos residuos no noso País, o BNG non apoia este modelo nin en Pontevedra nin noutro concello, “dicimos non a SOGAMA e traballamos por outra alternativa”, concluíu.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG