A deputada volveu criticar hoxe na comisión de Medio Ambiente a prorroga de permanencia de ENCE na ría de Pontevedra por 60 anos e o anteproxecto da lei de Acuicultura, amplamente rexeitado polo sector do mar
A parlamentaria do BNG, Ana Pontón defendeu hoxe unha Proposición non de lei, na comisión de Medio Ambiente, instando á Xunta a declarar como estratéxicas e prioritarias as actuacións destinadas a conseguir a depuración, saneamento e rexeneración integral das rías galegas e acadar un bo estadas das augas.
Ademais, a parlamentaria tamén demandaba na iniciativa constituír un Observatorio de seguimento da situación das rías e impulso para a súa rexeneración. Na defensa da proposta, a parlamentaria criticou a inacción e irresponsabilidade dos diferentes gobernos da Xunta e do Estado para rexenerar de maneira integral as rías galegas.
Tras a intervención do portavoz do Partido popular, Santiago Freire que defendeu as actuacións da Xunta nesta materia, a deputada lamentou a cegueira do Goberno galego para recoñecer un problema real de contaminación e a súa negativa a abordalo escoitando a aquelas persoas que máis padecen as consecuencias como: mariscadoras e mariscadores e persoas que viven nesas contornas. O noso diagnóstico, recalcou, e moi diferente ao do Partido popular porque a situación é realmente grave e sentimos que, unha vez máis, o Partido popular non amose disposición algunha a aceptar uns mínimos como os que recolle a iniciativa do BNG.
A nacionalista tras denunciar a situación das rías galegas e o grave impacto da contaminación para a calidade de vida, a perda de postos de traballo e riqueza, tamén aludiu aos vertidos incontrolados e o anteproxecto de Acuicultura que, ao seu xuízo, representa unha nova agresión e entrega das nosas rías as grandes empresas.
ENCE 60 anos máis na ría de Pontevedra
A parlamentaria lembrou que o Partido popular modificou a lei de Costas para amparar a concesión de ENCE, unha decisión política, afirmou, para pagar os favores a esta empresa por manter no seu consello de Administración a cargos relevantes do PP na Xunta de Galiza e do Ministerio. A prorroga de ENCE, consolida un modelo insostible dunha grande empresa contaminante que hipoteca o futuro da ría e desa comarca, concluíu.