Ana Pontón: “A cidade da Cultura consume ao día 27.000 euros”

A deputada reclama “unha auditoría a fondo” do Consello de Contas para determinar os custes reais do Gaiás

Ana Pontón comparece ante os medios de comunicación

A deputada do BNG, Ana Pontón afirmou hoxe, ante os medios de comunicación, que a Cidade da Cultura consume ao día 27.000 euros “un dispendio” inasumibel nun momento de grave crise económica.

A parlamentaria nacionalista entregou aos xornalistas, en soporte dixital, a documentación do Gaiás cos contratos subscritos nos anos 2011 e 2012 sobre o contido do complexo cultural, contratos incrementados no gasto de maneira substancial respecto ao inicialmente previsto.

Asemade destacou, a modo se exemplo, o concerto de Björk cun custe de 500 mil euros e o espectáculo do Cirque du Soleil con 215.000 euros e insistiu en reclamar da Xunta a documentación solicitada polo BNG para poder coñecer, de maneira pormenorizada” todos os gastos doutras actividades culturais pois sospeitamos, dixo, que poden ser superiores xa que faltan os contratos “dos seis comisarios” da exposición Gallaecia Pétrea.

O BNG pide unha auditoría a fondo

A parlamentaria nacionalista reclamou “unha auditoría a fondo” do Consello de Contas para determinar os custes reais do complexo cultural que abranga tamén a Fundación Cidade da Cultura e Fundacións Gaiás.

Ana Pontón

Ana Pontón lembrou que o BNG reclamou, a través do artigo 9, toda a documentación sobre as contratacións porque as asociacións culturais e a cidadanía “teñen dereito a coñecer o destino dos cartos públicos e o seu uso”.

Na actualidade, a Xunta de Galiza segue “ocultando información”, firmou, e en vez de privilexiar a Cultura galega apoia á “cultura de fora e a empresas sen sede social no noso País” como aconteceu coa montaxe e transporte da exposición Gallaecia Pétrea a cargo dunha empresa con domicilio social en Madrid. A documentación “incompleta” remitida ao grupo parlamentario do BNG, dixo, confirma que a devandita exposición superou o millón cen mil euros, a pesar de que o conselleiro cando preguntamos por este asunto no Parlamento, negou esa cantidade.

Paralización da Cidade da Cultura

Por outra parte, tamén se referiu ao acordo do Consello da Xunta relativo á paralización dos dous edificios pendentes na Cidade da Cultura, o BNG reclama do Goberno o envío ao Parlamento galego de toda a documentación e unha comparecencia do Presidente da Xunta para explicar os termos de dito acordo.Noticia 3

Sen embargo, apuntou, o Goberno galego segue “practicando o escurantismo” coa Cidade da Cultura, pero o BNG seguirá reclamando coñecer as indemnizacións previstas nos contratos e se o acordo da Xunta axustase á legalidade.

Parécenos, concluíu, que ningunha empresa é unha ONG e observamos que hai “zonas escuras” nese acordo.

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG