Ana Miranda pide "roaming cero" en Bruxelas

O BNG solicitou no Parlamento Europeo que todos os usuarios paguen as tarifas contratadas coa súa compañía telefónica cando chaman ou reciben chamadas estando en calquera dos 27 Estados da Unión Europea, para evitar os "prezos abusivos" que implica a aplicación do denominado "rooming" ou "itinerancia" das redes públicas de comunicacións móbiles de telefonía.

A eurodeputada nacionalista, Ana Miranda, fixo esta proposta durante o debate do informe Itinerancia nas redes públicas de comunicación móbil, que supón unha redución substancial das tarifas no uso dos teléfonos móbiles fora do propio Estado. Miranda considera que este primeiro paso é "insuficiente" e reclamou un "roaming cero" para todos os consumidores que fagan ou reciban chamadas usando o seus teléfonos móbiles desde calquera parte da Unión Europea.

Esta proposta durante o debate do informe Itinerancia nas redes públicas de comunicación móbil

Durante a súa intervención no Plenario, Miranda tamén expuxo a situación que sofren moitos galegos e galegas que viven en concellos que limitan coa fronterira de Portugal, que ven como o denominado "rooming" ou itinerancia se activa automaticamente, "o que ten como consecuencia que reciban facturas exorbitantes" derivadas das tarifas "abusivas" que se aplican polas compañías.

Miranda entende que esta medida de supresión das tarifas do rooming é "máis necesaria no momento actual", cunha crise que está obrigando a moitos cidadáns a desprazarse fora dos seus países de orixe en busca de oportunidades de traballo, algo evidente en Galiza e no conxunto do Estado español con taxas de desemprego "insostibles", en particular "entre a xente moza". Eliminar estás "fronteiras comunicativas" tamén é "construír Europa", salientou a eurodeputada.

 

 

 

 

 

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG