Adán: "A secretaria de Igualdade asume a lei Wert a pesar de ser discriminatoria"

Carme Adán e Cosme Pombo na Comisión de Educación

Para a deputada do BNG, Carme Adán é “difícil de entender” que a persoa que debe pular pola igualdade entre homes e mulleres asuma a Lei Wert que segrega aos alumnos por razón de sexo

  A deputada do BNG, Carme Adán formulou hoxe unha pregunta parlamentaria á Secretaria de Igualdade relativa aos centros que segregan ao alumnado á que a titular d Igualdade, Susana Abella respondeu que “a LOMCE, actualmente en trámite, reafirma  a cobertura legal con financiamento público aos centros con opción educativa diferenciada por sexo”.

A deputada do BNG criticou que a persoa responsable de pular pola igualdade entre homes e mulleres asuma “sen ningunha reticencia” unha lei educativa que colide coa  educación de nenos e nenas en igualdade de condicións.

Adán mostrou a súa sorpresa ao escoitar da titular de Igualdade que “a ningunha familia se lle impón que as súas fillas e fillos acudan a estes centros”, e reprochou a Abella reproducir a “demagoxia do Partido popular en estado puro” aínda que isto rache, dixo, cos principios da secretaria xeral que dirixe.

Para a nacionalista, o argumentario de Abella confirma a cobertura da LOMCE aos centros segregacionistas o que culificou de “desvergoña do Sr. Wert” e acusou ao Ministro de Educación, ao PP e a propia secretaria xeral  Igualdade de estar “en séculos anteriores”.

Despois de toda unha lexislatura e de tentar anular os concertos cos centros que segregan, afirmou, “eu non cuestiono a elección de país e nais pero si que se pague con cartos públicos”.

A nacionalista reiterou que o BNG non acepta que os nenos e nenas sexan separados por: discapacidade, sexo ou cor da pel, e lembrou que igual que a secretaria de Igualdade apela a liberdade de elección, os nenos e nenas que son transportados e non teñen liberdade para elixir outro cole, se lles quita o comedor escolar porque non teñen “esa liberdade de elección da que vostede fala para escoller outro cole”.

Adán negou que o Partido popular garanta a liberdade de elección, porque o  PP, “paga con fundos públicos credos confesionais que non consideran iguais aos homes e mulleres” co obxecto de  estudar en aulas diferenciadas, con  profesores diferenciados e coa acceso diferenciado aos currículos escolares.

 

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG