Adán: “O problema non é animar a ter fill@s, o problema son as condicións ”

A deputada do BNG, Carme Adán cualifica de “demagóxica e cursi” a campaña do PP animando ás persoas a ter fillos e fillas e criticou que o plan demográfico da Xunta adopta medidas contra a Igualdade

A deputada do BNG, Carme Adán criticou hoxe, a investimento de 500 mil euros nunha campaña publicitaria da Xunta para animar ás persoas a exercer a maternidade e paternidade.

“O problema, dixo a nacionalista, non é ter fillos e fillas, o problema é alimentalos, mercar os libros e todo o que van necesitar” por iso, a súa campaña é “demagóxica”, non resolve os problemas económicos, socias e educativos cos que se enfrontan as mulleres á hora der ser nais.

Resulta “indecente”, recalcou, reducir o problema da demografía a unha campaña publicitaria coa única pretensión de “subvencionar aos medios de comunicación a base de anuncios a fin de semana”.

As mulleres precisan ter un mercado laboral flexíbel que non represente un prexuízo económica e vostedes, inquiriu Adán, obvian esta realidade, porque a primeira pregunta que formulan a calquera nunha entrevista de traballo é a mesma, se ten fillos e se vai poder conciliar a vida familiar, “esa é a primeira dificultade das mulleres para exercer a maternidade en liberdade” criticou.

Vostedes, teñen unha visión “equivocada da demografía”, o problema non se resolve a golpe de anuncios e campañas de sensibilización, hai que emprender medidas “arriscadas” entre as que destacou: máis permisos para homes e mulleres, axudas directas á maternidade e máis servizos públicos, vostedes pola contra, de soben o prezo das escolas infantís e atención á dependencia.

A deputada reiterou que o anuncio da Xunta resulta “un insulto”.

Pola súa parte, a Directora Xeral de Familia e Inclusión defendeu a necesidade da publicación mencionada e a realización de campañas para resolver o problema demográfico en Galiza.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG