Adán pide ao PP que retire o Plan de actividades extractivas por "ilegal"

Intervención da deputada do BNG, Carme Adán

A deputada afirmou que a única intención de Feijóo e do Partido popular, é “promocionar a megamineria en Galiza” co espolio dos nosos recursos

Pleno- A parlamentaria do BNG, Carme Adán defendeu hoxe unha proposición non de lei co fin de instar a Xunta a retirar o plan de actividades extractivas “por non cumprir a lei”, demanda que o Partido popular rexeitou.

Adán lembrou que o propio Feijóo afirmou na sesión de control ao Goberno, celebrada esta mañá, que todas as actividades extractivas “están suxeitas á lei e ás normas” polo que a nacionalista demandou a retirada do plan sectorial industrial de Galiza porque “non cumpre a lei”, e se Feijóo, dixo, quere cumprir as regras “ten que retiralo”.

A deputada explicou que en Galiza non existía ningunha normativa para regular a minería ate o 2008, ano no que se aprobou unha norma para “ordenar a minería” baixo o titulo “Lei de Ordenación da Minería en Galiza”.

O PP da “luz verde a Mina de Corcoesto” sen cumprir a lei

O que pretende esta norma, engadiu, é crear un ámbito social representado por todos os sectores, sindicatos e asociacións ambientalistas, montes e concellos mineiros para poder elaborar un Plan Sectorial de Actividades extractivas. A nacionalista acusou ao Goberno galego non desenvolver durante cinco anos a lei que agora utiliza para favorecer a mina de ceo aberto en Corcoesto.

Este Plan sectorial, afirmou, naceu só co apoio do Consello da Minería e ausencia do resto dos axentes sociais.

Para Adán, o plan sectorial industrial do Partido popular só pretende “dar luz verde a mina ” e un proxecto de “megamineria en Galiza ao que hai que sumar a publicación dunha subvención para a minería onde a comarca de Monforte é prioritaria.

Una mina contaminante que destrúe o medio ambiente e non produce riqueza agás, para empresa explotadora

A mina de Corcoesto, sentenciou, “é contaminante e a empresa multinacional canadiana non podería levar a cabo o proxecto no seu país porque non cumpre as normas”.

A ordenación da mineira debe facerse, dixo, segundo a lei, con bases para unha minería sustententable identificando zonas para o potencial mineiro e armonizando as actividades extractivas co resto dos usos do chan, agrario e mediombiental, “Corcoesto é o mellor exemplo de que todo isto non se cumpre”.

O PP consinte en Galiza unha minería que en Europa non está lexitimada, dende o BNG, dixo, defendemos o cumprimento das leis e pedimos a retirada do Plan sectorial das actividades extractivas en Galiza porque vai “espoliar os nosos recursos, destrúe o medio ambiente e non produce nin emprego nin riqueza”.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG