Adán: “Calquera sector produtivo galego está en alarma grazas as políticas do PP”

Carme Adán

A deputada defendeu emendas aos orzamentos da Consellería de Economía e Industria porque Galiza necesita urxentemente políticas de desenvolvemento económico

Intervención de Carme Adán

Pleno. A deputada do BNG,Carme Adán, defendeu hoxe diversas emendas aos orzamentos da Consellería de Economía e Industria co fin de impulsar o tecido industrial galego porque, “calquera sector produtivo está en alarma coas políticas do Partido popular”.

O comercio , os produtos galegos, as vantaxes do emprendemento, o sector artesanal, o naval ou o téxtil ou facilitar o mercado laboral das mulleres foron algúns dos eidos aos que a deputada se referiu para denunciar a situación que están a atravesar en Galiza os diferentes sectores produtivos.

Esta consellería, dixo, debería ser o motor de Galiza sen embargo comprobamos como o Partido popular volve a propoñer nestes orzamentos “un cambio retórico” que en nada vai beneficiar ás políticas de impulso da industria galega. Hoxe, tamén comprobamos como “Galiza vai camiño da irrelevancia financeira” grazas a unha consellería de Economía e Industria “minguante” parafraseando o título do filme “La increible historia del hombre menguante”.

As partidas para dinamización industrial decreceron un 38,5 por cento, o comercio 55,9 % o desenvolvemento empresarial un 45,97 por cento nunha situación industrial e empresarial “dramática”.Hoxe falar desta consellería é constatar a renuncia de política industrial real ao marxe “deses titulares” que tanto lle gustan ao Sr. Feijóo e ao conselleiro, Francisco Conde.

Estamos diante dun desmantelamento industrial e do peche sistemático do pequeno comercio cunha importante caída do emprego galego, e dos sectores naval, agroalimetario e téxtil.

As grandes empresas dos complexos mar-frio pecharon e foi desmantelado o sector das enerxías renovábeis, qué sector fica en pé?, preguntou a nacionalista.

Carme Adán

Adán lembrou que o concurso de acredores creceron un 7 por cento e desmorónase o I+D+i mentres o PP permanece como “mero espectador” tamén da denominada “terceira emigración galega” es@s universitarios obrigados a emigrar.

Finalmente, a deputada criticou a subida da luz que será inasumíbel para familias, empresas e para o tecido industrial e autónomos mentres o conselleiro de Economía e Facendo segue falando de “bos desexos” como en período navideño.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG