A deputada Carme Adan lembrou que o Parlamento aprobou en Comisión instar ao Goberno galego a facer público o contrato privado coa produtora do cantante nun prazo de sete días, pero tres meses despois seguimos agardando.
Pleno.- A deputada do BNG, Carme Adán formulou hoxe unha pregunta ao Goberno sobre o contrato coa produtora de Enrique Iglesias para un videoclip promocional sen que polo momento non se fixera público o contido do mesmo.
Adán lembrou que o propio Parlamento aprobou en Comisión facer público o contrato nun prazo de sete días sen que polo momento, dixo, pasados tres meses, teñamos noticia do aprobado en sede parlamentar polo que volveu preguntar, cándo se vai facer públicos os pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas que fundamentan a sinatura do contrato privado por parte da Axencia de Turismo?.
Pola súa parte, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda respondeu dos obxectivos da Xunta videoclip que xa rexistrou un gran número de entradas e que provocou que máis estranxeiros viñeran a Galiza pero non se lle pagou nada ao artista. A relación causa-efecto, afirmou, esta acadando os obxectivos previstos.
Na réplica, Adán dixo que o BNG non preguntaba polos gústame rexistrados no videoclip e que o Partido popular non pode presumir de transparencia. Queremos saber, volveu preguntar a deputada, por que non foi remitido o contrato como esixía o acordo parlamentario e que agocha a Xunta para non facer público o contrato coa produtora de Enrique Iglesias que ascendeu a 300.000 euros cando a cultura galega segue asumindo todo tipo de recortes.