Ante as informacións aparecidas en diversos meios de comunicacion sobre o xuízo na Audiencia Provincial de Ourense polo chamado caso dos paneis, o Bloque Nacionalista Galego quer aclarar o seguinte:
1.-Ningunha das persoas xulgadas neste proceso son militantes do Bloque Nacionalista Galego.
2.-O Bloque Nacionalista Galego non apoiou ningunha concentración de respaldo a estas persoas.
3.-Denunciamos a manipulación informativa en que incorreron algúns meios ao afirmar que o BNG apoiou a estas persoas.
Non foi o BNG e si militantes e candidatos de Compromiso por Galicia os que se mobilizaron en defensa dos procesados neste caso.