Rubén Cela avanza que a XVI Asemblea será marcará un punto de inflexión e de fortalecemento do BNG

IMG-20170325-WA0010
Rubén Cela
  • O Bloque congrega a máis de 2.000 militantes baixo a premisa de que Galiza precisa máis ca nunca unha forza nacionalista sen dependencia estatal

O secretario de Comunicación, Rubén Cela, avanzaba as expectativas do Bloque, horas antes do inicio da XVI Asemblea Nacional que congregará a máis de 2.000 persoas para debater “sobre os aspectos nos que a formación nacionalista ten acertado ao longo dos últimos anos e tamén cales son os que hai que mellorar ou corrixir”.

Nun encontro previo con representantes das organizacións políticas e entidades convidadas, Cela salientou o “bo clima interno” para levar a cabo a culminación dun ano de “intenso debate”, a través do Proceso Adiante.

“Agardamos que esta asemblea serva de auténtico punto de inflexión para renovar e corrixir o que haxa que corrixir para facer do BNG unha organización máis útil, con máis incidencia e con máis respaldo electoral”, explicou Cela, desde a premisa do que para a formación segue a ser “fundamental”, “que en Galiza ten que seguir existindo unha expresión política propia do nacionalismo sen ningún tipo de atadura de ámbito estatal, é que só se deba ao pobo galego”.

En definitiva, subliñou o secretario de Comunicación, “que esta asemblea sexa o inicio da consolidación do relanzamento e fortalecemento do proxecto nacionalista, acompañado dunha renovación xeracional moi importante, que comezábamos fai un ano coa elección da portavoz nacional, Ana Pontón”.

Cela puxo en valor “o profundo cambio” iniciado fai doce meses tras anterior asemblea, “na que se renovou o 70% da dirección” ,e na cita coa militancia desta fin de semana o BNG “segue afondando nese proceso de renovación” coa incorporación de novas persoas todas por debaixo dos 40 anos na que será a futura Executiva nacional, “novas en idade pero cunha ampla formación política e profesional”, indicou.

O secretario de Comunicación puxo en valor o clima de concordia e de unidade dentro do BNG “que se palpou no proceso de debate previo, no feito de que haxa unha candidatura de consenso e no feito de que non haxa ningunha emenda á totalidade nin voto particular as teses políticas”, explicou.

Cela, xunto co Montse Prado e Nestor Rego, ambos responsables da Área de Internacional, foron os encargados de recibir ás delegación convidadas nun encontro previo ao inicio da AN baixo o lema Solidariedade internacionalista, soberanía dos pobos, que contou, entre outros con representantes do PNV, Bildu, Esquerra Republicana entre outras forza políticas nacionalistas do Estado.

Tamén unha ampla representación das forzas de esquerda lusas, -Bloco de Esquerdas e PCP-, e doutros territorios de Europa incluíndo, por primeira vez, a formación de esquerdas de Alemaña Die Linke. Igualmente, representantes do pobo Palestino, do Kurdistán, do Sáhara e dos consulados de Cuba e Venezuela.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG