O PP veta a proposta do BNG para promocionar e regular as comunidades enerxéticas

Luís Bará
Luís Bará
Luís Bará defendeu a distribución e proximidade das comunidades enerxéticas, un modelo alternativo, social e máis xusto, cun gran potencial aínda non  desenvolvido no sector residencial e servizos creando a figura de “prosumidor”

O deputado do BNG, Luís Bará defendeu unha proposta instando ao goberno a fomentar e regular as comunidades enerxéticas como “modelo alternativo, social, máis xusto e de proximidade e  “cara un “novo modelo de enerxía”.

O deputado considerou que urxe abordar o modelo enerxético nunha  dirección   non vinculada ao grande “monopolio eléctrico” e nese sentido insistiu en que a enerxía debe ser “un ben público e básico” e non “o grande negocio para a  banca e os fondos de investimentos” dentro dun sector co máis grande marxe de beneficios de todo o mercado.

No debate da proposta, o deputado nacionalista reiterou que as comunidades enerxéticas representan “un modelo alternativo” para os sectores económicos e no ámbito residencial. Nesta liña apostou “por un prezo asumible da enerxía para toda a poboación” e un modelo de comunidades enerxéticas  de “ distribución e proximidade” sen grandes infraestructuras.

Desenvolver a figura de “prosumidor” persoas produtora e consumidora de enerxía

Un modelo de proximidade, explicou que  desenvolva a idea do “prosumidor”, persoas produtoras e consumidoras de enerxía. Para o deputado, este modelo ten moito potencial pero sen desenvolver por  “unha intencionalidade para frealo”, a pesar de que pode abastecer o autoconsumo a todo o sector residencial e de servizos.

Bará explico que non existe unha normativa regulada para as comunidades enerxéticas, en embargo, o modelo está  moi desenvolvido en países como Alemaña con 1.750 comunidades , en Dinamarca 700 e en Holanda máis de 400 mentres que no Estado español foron creadas menos de 50 e en Galiza “ningunha”.

As comunidades enerxéticas están formadas por asociacións e cooperativas sen ánimo de lucro dedicadas á distribución da enerxía de fontes renovables. En opinión do deputado, este modelo posibilita un grande abano  de posibilidades entre as que destacou servizos de eficiencia e aforro enerxético, consumo, subministro, almacenamento, consumo o carga de vehículos eléctricos.

A normativa europea, engadiu Bará desenvolve este modelo de comunidades enerxéticas pero falta trasladar as directivas europeas ao ámbito do Estado español a pesar de que a propia comisión europea marcou como data o 30 de xuño do ano 2021 para esta transposición que aínda non está feita. Tamén existe unha grande demanda social para poñela en marcha pero  na actualidade hai requisitos restritivos e disuasorios para a súa creación.

Dende o BNG, sinalou o nacionalista, pedimos ampliar o rango de distancias, marcado na actualidade en 0,5 Km e a potencia. En Francia e Portugal foron aprobadas normativas  moito máis abertas e flexibles. Por outra banda, tampouco ten moito sentido, afirmou, “vetar as comunidades de montes cando en realidade son en si mesmas comunidades enerxéticas ao abastecerse de enerxía no propio monte”.

Bará propuxo instar ao  Goberno central á aprobación do decreto regulador das comunidades enerxéticas, recoñecer ás comunidades de montes como comunidades enerxéticas, fomentar este modelo cunha guía para o impulso local das comunidades enerxéticas e “un Plan para a creación de 40 comunidades enerxéticas” para os anos 2023 e 2024.

 

Tras a intervención da popular, Novoa Iglesias que anunciou o voto en contra do PP á proposta do BNG, o deputado nacionalista lamentou o veto e acusou a parlamentaria de carecer de suficiente información sobre este modelo, ademais de  “ non comprender os textos presentados”. Por outra banda, dixo, o PP descoñece iniciativas do propio Partido popular nalgúns concellos neste ámbito  que “contradín os argumentos do PP no Parlamento galego”.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG