O PP veta "por cara" a iniciativa do BNG para elaborar unha equisa do traballo doméstico e coidados non remunerados

Noa Presas
Noa Presas
Noa Presas afirmou que “sen coidados non hai vida pero tampouco economía” e apelou a fuxir de lemas baleiros e lavados de conciencia institucional que impiden  avanzar nos dereitos das mulleres

A deputada do BNG, Noa Presas aludiu ao lema feminista,  “sen coidados non hai vida” para reivindicar o labor das traballadoras do fogar e avanzar na súa dignificación e protección. A nacionalista pediu ao Partido popular un compromiso para elaborar  estudos periódicos sobre “o valor social e económico do traballo no fogar e o coidado” comezando por cumprir a  lei en material de igualdade para que no primeiro semestre do  2022 estea en marcha o desenvolvemento dunha nova Conta Satélite da Produción Doméstica porque precisamos, dixo, “facer visible a desigualdade para construír unha Galiza en grande, máis feminista, ata que todas sexamos libres”.

Na proposición non de lei do BNG, a nacionalista tamén reclamou  demandar do goberno central a axilización  do convenio 189 da OIT e atender as demandas dos colectivos de traballadoras do fogar. Sen coidados non hai vida e sen coidados non hai economía, e convidou a todas as persoas presentes no debate da iniciativa nacionalista, pensar durante un momento “na distribución” dos tempos nas nosas vidas persoais ou no que vemos nas persoas que nos rodean, nos nosos núcleos de amizades e familia, a marxe de vivir soas, en parella, con crianzas, sen elas ou con persoas dependentes e sen eles e pensemos cantas desas persoas poderían traballar  sen conciliar o coidado de crianzas ou dependentes, e cantas persoas recortan tempo de ocio propio para asumir tarefas de coidados?  Non  fai falta que pensemos moito, respondeu a deputada para ver como en xeral o uso dos tempos de coidado e “traballo doméstico de homes e mulleres é profundamente desigual”. 

Ademais, engadiu, coa media de salarios en Galiza moitos  fogares non poderían  pagarlle a outras persoas ou empresas por realizalo, de aí que a situación queda resolta, case sempre porque “unha muller renuncia a partes do seu tempo, da súa vida, ocio e incluso ao  traballo”.

Neste sentido, explicou que o  88% das persoas en  excedencia para coidado de fillos no ano 2020 son mulleres, “1074 mulleres fronte a 142 homes”.

Ao igual que o que non se nomea non existe, o que non se mide tampouco existe, subliñou a nacionalista  polo que urxiu ao Partido popular a “non vetar o estudo sobre o valor do traballo doméstico non remunerado”. O mundo que coñecemos sería insostíbel sen esa contribución non remunerada e para valorar ese traballo é necesario poñerlle valor económico.

A parlamentaria tamén fixo referencia á demora, sen xustificación, do Estado español para  ratificar o  convenio 189 da OIT, circunstancia que provocou a  sentenza  do  Tribunal Europeo fallando contra España por non pagar o paro a “395.000 traballadoras do fogar”.

A Conta Satélite sobre a Produción doméstica que fixo o Instituto Galego de Estatística, respecto do ano 2010, era “demoledora” xa que o valor xerado representaba o 50,6% do PIB de Galiza, e non hai ningún sector económico que supoña semellante volume, é o máis importante é que  ese traballo doméstico é profundamente “desigual” porque   o tempo empregado no traballo doméstico e de coidados por sexo, é de 2,1 ao día os homes e máis do dobre, 4,7 as mulleres.

Alguén imaxina 10 anos sen datos sobre feminicidios? Alguén imaxina 10 anos sen datos sobre ocupación e desemprego? A parlamentaria do BNG lamentou que o Partido popular se escudara “no alto  custe” da enquisa para non realizala.

Tras a resposta da portavoz popular, Noela Pérez que respondeu á deputada do BNG, Noa Presas a imposibilidade de elaborar a enquisa polo seu “alto custe”, Noa Presas afeou a hipocrisía do Partido popular por negarse a realizar unha enquisa sobre o traballo doméstico soportado maiormente polas mulleres e non escatimar fondos para engordar os intereses dos centros de ensino do Opus Dei que segregan por sexo,  axudas para asociacións antiabortistas como a  REDMADRE, ou a  reforma de San Caetano. Para estas cousas, dixo, “o prezo non importa” pero si estamos a falar de dereitos das mulleres a cousa cambia, recalcou.  

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG