parlamento galego

O PP rexeita as axudas que propón o BNG para o sector vacún afectado pola pandemia

foto Mini Rivas
foto Mini Rivas
Xosé Luís Rivas indicou que o sector está a ser un dos grandes prexudicados ante a falta de demanda dos hoteis, restaurantes e cafeterías

O deputado do BNG, Xosé Luís Rivas (mini) defendeu unha proposta para abrir unha nova “liña de axudas directas excepcionais” para o sector do vacún de carne na presente anualidade, dotada con recursos suficientes e sen excluír  ás ganderías cun número inferior a 10 vacas reprodutoras.

O Partido popular rexeitou a iniciativa do BNG que incluía deseñar un plan estratéxico de acompañamento ás axudas para sobre o sector do vacún de carne no período de transición cara a recuperación da nova normalidade.

Ademais, Rivas defendeu un pago directo para aquelas explotacións con  persoas agricultoras a título principal, para as cales “é o seu medio de vida fundamental”. Este pago, engadiu, sería “a maiores do que se asigna por vaca nutriz, e que non debería ser inferior en ningún caso aos 3.000 €/ UTA”.

Todos os puntos recollidos na proposta do BNG foron votados en contra polo grupo do Partido popular. Mini lamentou que, unha vez máis, o goberno galego non responda ás demandas dos sectores de comercialización de carne, curiosamente os diferenciados por un manexo extensivo do gando con criterios de benestar animal, tanto de vacún coma de ovino e cabrún que están a padecer  os efectos desta pandemia.

Para o deputado, a “resposta lenta e pouco efectiva da Xunta de Galiza non chegou a tempo para axudar con efectividade ao sector” e deixou en mans da gran distribución o poder de negociación na fixación de prezos agrarios, conducindo  aos pequenos produtores primarios a beneficios  mínimos.

Neste sentido,  lembrou que  no caso do vacún de carne, dende o pasado mes de Abril do 2020, o prezo medio das liquidacións percibidas polos gandeiros/as reduciuse en 50 céntimos por Kg. de carne certificada baixo a IXP tenreira galega normal e tenreira suprema. Na súa opinión, “a depreciación tórnase brutal no caso da carne de desvelle que, nalgúns casos, veu encaixar caídas no prezo do 50%”.

O deputado insistiu na necesidade de activar axudas directas, urxentes  e a curto prazo para garantir a continuidade das granxas, moitas delas, dixo, en zonas desfavorecidas e de alta montaña, que constitúen o único motor de desenvolvemento económico das comarcas.

 Ante a inacción da Consellería de Medio Rural, varias asociacións agrarias denunciaron ante o Consello Agrario Galego a falta de medidas, demandas que  que acompañaron con protestas diante da Consellería o día 25 de Setembro. Esta presión social provocou que  Medio Rural convocara o día 20 de outubro o comité de seguimento do PDR para modificar a planificación orzamentaria a fin de redistribuír os fondos e crear axudas directas para paliar o impacto da Covid-19, nos sectores do vacún de carne e de flor e planta cortada. As axudas foron, afirmou Mini “insuficientes” e antagónicas ao discurso populista do goberno galego en defensa do modelo familiar, tan característico do sistema agrario galego.

De todos é coñecido que na maioría dos casos estas explotacións agropecuarias teñen un tamaño pequeno ou mediano e un carácter profesional, pero sempre eminentemente familiar e non entendemos como deixan fóra das axudas a  15.087 explotacións das 19.708 en activo. Resulta chamativo, remarcou o nacionalista,  que sendo defensores da agricultura e gandería familiar, “exclúan ás granxas con menos de 10 vacas nutricesa cando son maioritarias en Galiza polo que preguntou se  Medio Rural considera suficientes unhas axudas que só permiten compensar perdas a 4.621 produtores/as de gando vacún dun total de 19.708 e por que se destina “un exiguo orzamento de 9 millóns de euros de Fondos FEADER para cubrir, tanto as axudas de vacún de carne como as de flor cortada e planta ornamental, concluíu.

 

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG