A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón tilda de "postureo electoralista" as negociacións do Estado

No transcurso dun café de redacción, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón afirmou que as forzas políticas de ámbito estatal colaboraron máis nun escenario para convocar novas eleccións que na procura dun acordo: “Temos claro que se pode producir un adianto electoral e mesmo, o Presidente da Xunta pode estar valorando adiantar as eleccións galegas”. Sobre as negociación no Estado dixo, é un “postureo electoralista das vellas e novas forzas políticas”

Café informativo coa Portavoz nacional do BNG

A preguntas dos xornalistas sobre si a propia Ana Pontón será a candidata, a portavoz nacional respondeu que o proceso para a elección de candidato ou candidata rematará o día 30 de abril tras a votación das bases. O noso reto, dixo, é “ fortalecer unha alternativa nacionalista fronteo desastre que deixa a vella e nova política”.

O Bloque Nacionalista galego concorrerá ás eleccións coa sigla “BNG”

Preguntada sobre a marca coa que concorrería o BNG, ante un posible adianto de eleccións xerais, a portavoz nacionalista confirmou que “o Bloque Nacionalista Galego se presentará con esta denominación” aínda que a candidatura sexa máis ampla. “ Na papeleta aparecerá a sigla do BNG porque identifica con claridade un proxecto político e unha alternativa para Galiza” aínda que nesa candidatura podan figurar outras plataformas que nos acompañen nesas eleccións.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón

 Galiza desaparecida do debate do Estado

Ana Pontón recalcou que a situación política a nivel de Estado constata “o fracaso das negociacións entre as novas e vellas forzas políticas” no que o bipartidismo “a catro” do Estado español dende o día 21 de decembro enrocado “nun postureo electoralista” alonxado das preocupacións das persoas e “Galiza desaparecida do debate do Estado”. Estes días comprobamos como a vella e nova política antepoñen os seus intereses partidistas e discriminan o noso país. As novas e vellas forzas políticas, reiterou, comparten a “marxinación de Galiza dentro do escenario estatal”. Hoxe temos 23 deputados e deputadas en Madrid que defenden antes a Sánchez,Rajoy, Rivera ou Iglesias que os intereses dos galegos e galegas, e iso é así porque consideran os nosos intereses “de segunda”.

O BNG sen ataduras estatais

A portavoz nacional reiterou que dende o BNG “apostamos por unha alternativa nacionalista que se expresa sen subordinación nin dependencias de ningunha forza política estatal e que a súa prioridade non é outra máis que o rescate do noso país, o rescate social da maioría dos galegos e galegas e a construción dunha alternativa fronte o fracaso das forzas políticas de ámbito estatal”.

Ana Pontón esoita as preguntas dos xornalistas

 Silencio de Feijóo sobre a transferencia da AP-9

A portavoz nacionalista lembrou tamén lembrou que hai unha semana, o BNG fixo unha proposta sobre a AP-9, infraestrutura que tildou de “ estafa para os galegos e galegas e que nos custa cada día 300.000 euros que saen dos nosos petos”. A proposta tiña como fin axilizar a transferencia e que fora para todos os deputados e deputadas en Madrid unha prioridade política, unha semana despois, a maioría “nin están nin se lle esperan”, non lle preocupa esta situación que conta ademais co “silencio cómplice de Feijóo”.

Por outra parte, tamén se referiu á discriminación no financiamento local no que cada galego e galega recibe 50 euros menos de media do resto dos cidadáns do Estado á hora de financiar os seus servizos a nivel local, ao que sumou o espolio enerxético do que dixo, somos excedentarios de enerxía eléctrica pero paradoxicamente existen 100.000 fogares galegos en “pobreza enerxética” e 800 persoas morren ao ano en Galiza por enfermidades relacionadas co frío.Café informativo

 Contra a violencia de xénero

 A portavoz nacional transmitiu, non seu nome e no do BNG “todo o apoio e afecto” aos familiares e amigos de Tatiana Vázquez. Todo parece indicar, dixo, que estamos ante un novo episodio de violencia de xénero polo que reclamou que a loita contra a violencia machista “sexa unha prioridade política de calquera goberno”. Para a portavoz nacional do BNG, este novo caso evidencia “o fracaso da lexislación e e a descordinación entre o ámbito xudicial e policial”. Estamos vivindo un momento, recalcou, no que as mulleres non temos a garantía de vivir sen violencia e ese é un obxectivo democrático e irrenunciable para o BNG. Nos últimos anos, engadiu, constatamos “importantes retrocesos” en recursos e mesmo discursos rancios que no fondo, “alentan as causas que perpetúan a violencia contra as mulleres”.

-

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG