Pontón: "A Feijóo non lle saen as contas e o BNG é garantía dun cambio real"

A portavoz nacionalista amosouse convencida de que o proxecto do BNG é “o mellor antídoto contra as políticas do PP e conducirán a Feijóo á cola do paro”

Declaracións da candidata do BNG á Presidencia da Xunta, Ana Pontón

Para a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón “ao candidato Feijóo non lle saen as contas e cree que reducindo a campaña electoral amortiguará a súa caída”. Urkullo, dixo Pontón, fíxolle un favor a Feijóo co adianto electoral en Euskadi ao darlle unha escusa de ouro para provocar o adianto en Galiza porque Feijóo ten moi claro que “cada día que pasa perde votos” e non quere as elección galegas coincidan co “xuízo da Gürtell”.

 O BNG garantía de cambio real en Galiza

Ante os medios de comunicación, a líder nacionalista afirmou que “no BNG estamos preparadas e motivadas para esta cita do 25 de setembro e imos con ilusión, optimismo e fortaleza porque o proxecto do BNG é o mellor antídoto para derrotar a dereita rancia e centralista de Feijóo”.

Ana Pontón

A candidata do BNG á Presidencia da Xunta de Galiza, Ana Pontón asegurou que o candidato Feijóo iniciou a campaña con dúas mentiras, a primeira que era un “adianto técnico” dunha semana cando en realidade adiántanse as eleccións un mes sobre a data que o propio Feijóo anunciou hai un días e a segunda que quere evitar que as eleccións galegas coincidan co xuízo da trama Gürtell. Neste sentido, a candidata nacionalista explicou que esa trama de corrupción do PP salpica ao Goberno e Partido popular Galego e Feijóo foi “encubridor” dun dos seus principais artífices desa grande trama de corrupción , Pablo Crespo cuxa relación, “Feijóo nunca nunca deu explicacións”.

 O BNG ten un proxecto de país feito dende a cabeza e o corazón

 No BNG temos os deberes feitos, recalcou a candidata do BNG. “Presentámonos con todo o impulso e convición de que o proxecto político do BNG é o mellor antídoto contra o Partido popular e a mellor forma de que se produza un cambio real en Galiza. Unha das claves, dixo, é cambiar o modelo, mudar a dependencia para autoresponsabilizarnos do noso futuro e que os galegos e galegas contemos con instrumentos para enfrontar a crise. O BNG ten un “proxecto de país pensado para darlle futuro a Galiza coa cabeza e o corazón aquí”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG