Pontón denuncia a “improvisación e arbitrariedade” da Xunta coa hostalaría e propón unha “Mesa permanente” de diálogo co sector

Ana Pontón - reunión sector hostalería 2
Imaxe do encontro mantido coa Plataforma na Defensa da Hostalería Galega

 

Afirma que o auto do TSXG é unha emenda á totalidade ao Goberno do PP por utilizar unha “medida ilegal e ineficaz” e pide abrir unha liña de compensacións.

Exixe a comparecencia de Feixóo, en sede parlamentaria, para explicar a vulneración dos dereitos fundamentais, tras o auto do TSXG.

Tras o encontro cos representantes da Plataforma Galega en Defensa da Hostalería para avaliar a situación e abordar liñas de actuación cara o futuro, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón salientou que o sector hostaleiro foi un dos máis prexudicados pola pandemia, “con 500 días de restricións aínda por compensar pola Xunta e Goberno central”.

A portavoz nacionalista denunciou a “improvisación e arbitrariedade” da Xunta coa hostalaría e propón unha “Mesa prémente de diálogo” co sector e a comparecencia de Feixóo, en sede parlamentar para explicar a “vulneración de dereitos fundamentais” con medidas ilegais como vén de confirmar o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza.

Ao seu xuízo, o Goberno do Partido popular actuou con “improvisación e arbitrariedade” usando ao sector da hostalaría  como cabeza de turco, para “facer que facía” e en vez de tomar medidas no ámbito sanitario, reforzar a Atención primaria e o rastrexo e control efectivo do virus, tomou medidas restritivas no ámbito da hostalaría, “sen un criterio claro” e responsabilizando ao sector dos contaxios.

O colmo da improvisación e da incapacidade para xestionar unha pandemia, dixo, quedou aínda máis en evidencia co “pasaporte COVID”, que Feixóo pretendía impoñer, unha medida a todas luces “inútil e ilegal” para controlar a pandemia.

Pontón insistiu en que auto do TSXG é moi contundente e representa “unha emenda á totalidade á Xunta” por tratarse dunha medida ilegal pero os últimos dez días foron delirantes, engadiu: o venres 13, ás 11 da noite o DOG publica medidas, algunhas para entrar en vigor ás12 da noite e ao día seguinte, anuncian o cambio de nivel dalgúns concellos , en contra do publicado polo  DOG o día anterior. O mércores, anuncian e publican novos cambios en niveis, aforos e horarios, permitindo a apertura do ocio nocturno, que volverá cambiar o venres ao incluír Vigo e A Coruña en nivel medio e agora novos anuncios, onde todo o que dicían a semana pasada cambia.

En pouco máis dunha semana, pasamos dunha orde para reducir aforos a amplialos. Un proceder que obedece á improvisación e falta de criterios científicos e técnicos.

Feixóo debe comparecer no Parlamento

“Feixóo non pode seguir escondido e sen render contas no Parlamento, cando un auto do TSXG o acusa de vulnerar dereitos fundamentais, de impoñer medidas ilegais e ineficaces e demonizando ao sector da hostalaría”. A portavoz do BNG lembrou que mañá o Parlamento galego celebra a Deputación Permante para decidir a comparecencia de Feixóo e dende o BNG, dixo, agardamos que o Partido popular non pase o rodillo para vetar esta comparecencia.

Levamos meses vendo como Feijóo só comparece na TVG para “colgarse medallas que non lle corresponden”, e sen embargo esquiva comparecer no Parlamento despois de intentar impoñer medias con mentiras, primeiro dando a entender que tiña autorización legal e  despois que a lei de saúde llo permitía e cando a someteu a consulta do TSXG, este tribunal deixou sentando a ilegalidade da medida.

Ante esta situación, reclamamos constituír “unha Mesa de traballo” con todo o sector Xunta, administración local, sector da hostalaría en toda a súa diversidade e sindicatos para abrir un diálogo permanente para marcar normas claras e con criterios científicos e un Plan de compensación polas perdas ocasionadas ao sector.

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG